Ata o 7 de outubro podedes visitar a mostra de fotografía que se expón no Auditorio de Galicia Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia (1956-1976). A exposición, comisariada por Anxo Rabuñal e Agar Ledo, recolle unha escolma de 116 instantáneas de Frances Català-Roca (1922-1998) tomadas nas sete campañas que realizou entre 1956 e 1976, así como guías turísticas e postais.
Dalgún xeito, é un diario da viaxe do fotógrafo, que percorreu na súa vespa 28 vilas galegas: Ribeira, Cambados, Betanzos e Cangas entre outras. Un diario no que, como indica Bieito Iglesias, "retratou a beleza física e moral da Galiza". E un home, Català-Roca, que soubo mirar e capturar imaxes "que dean as explicacións", unificando "forma e contido, experimentación e testemuña", en palabras de Joan Fontcuberta.
A exposición é un itinerario sentimental pola Galicia que comezaba a ser cosmopolita e tamén pola ollada do fotógrafo do "disparo imperfecto" (Pedro del Corral). Para non perder.
No comments:
Post a Comment