Pó de bolboreta é un fanzine de Paula Pereira. Con textos escollidos de varias obras de Virginia Woolf (As ondas, Cara ó faro, Flush, Mrs Dalloway, Un cuarto de seu e The death of the Moth) crea unha historia que vai medrando en intensidade ata o culmen final.
Re-signifícase tendendo pontes entre a arte e a vida, xogando coa pluma e o pincel, as palabras e as ilustracións. A través da lectura que imos facendo de ambas, as "avelaíñas" van iluminando a identidade de Virginia, líquida e traslúcida coma as cores das acuarelas de Paula.
Pó de bolboreta non é un fanzine, é moito máis: é un exercicio de percepción, unha ferramenta poética minimalista que integra de xeito sublime a singularidade de dúas artes, a terceira e a sexta.
“La diversidad de las artes no impide su unidad. Más bien la subraya”
(Octavio Paz, El arco y la lira)
Para saber máis:
- Perfil de Paula Pereira en Instagram
- Cavalinho Artesanía, a web de artesanía ilustrada de Paula Pereira
No comments:
Post a Comment