AUSENCIA
Máis alá
dos petóns está o silencio
dos paxaros,
o ceo atoldado dunha soidade intacta,
a ausencia de navíos,
a cobiza de abrazos.
De alí non se regresa.
O mar alí arroa
e os carreiros confunden as olhadas
atrapallan os pasos
e fan palidecer as sombras.
Por fóra dos petos
ninguén agarda,
só a brétema
que ás veces rebenta nos corazóns
coma unha saudade
entre horas.
En Mar de Lira (2005)
No comments:
Post a Comment