Showing posts with label Oscar Wilde. Show all posts
Showing posts with label Oscar Wilde. Show all posts

Wednesday, August 28, 2019

Literary Walks (VIII): Paris

Dicía Walter Benjamin que París é a gran sala de lectura dunha biblioteca que atravesa o Sena. O certo é que alén de presumir de ser a cidade coa maior densidade de librarías por habitante do mundo,   a Ville Lumière exhibe con orgullo as pegadas de Balzac, Proust, Baudelaire ou Hugo.

Aquí vos deixo unha proposta de itinerario literario por cafés, librerías, bibliotecas, cemiterios e rúas para colleitar versos e palabras da man ao corazón.

Á parte de ser un edificio precioso, contén unha das coleccións máis completas do século XIX e primeiros do XX. Agora mesmo (ata o 22 de setembro) teñen unha exposición sobre Berthe Morisot que merece moito a pena -un dos destaques son os seus cadernos de esbozos e apuntamentos.





2. LE BATEAU IVRE
Na 4 Rue Férou atopamos a poesía de Arthur Rimbaud en liberdade, escrita nos muros. Rimbaud compuxo este poema cando só tiña 17 anos e envioullo nunha carta a Paul Verlaine. Jan Willem, calígrafo e artista, inmortalizouno nun gran formato no muro que permite lelo de vagar e gozar da alegría e a decadencia mesturadas nun mesmo texto. Por que esta localización? Porque Rimbaud o recitou por vez primeira nun restaurante (desaparecido) preto desta rúa o 30 de setembro de 1871.

 

2. CIMITIÈRE MONTPARNASSE
Aínda sen gustarvos os cemiterios tanto como a min, pode que vos interese descubrir os epitafios que elixiron os persoeiros enterrados alí: Charles Baudelaire, Samuel Beckett, Tristan Tzara, Georges Schehadé, Marguerite Duras ou Julio Cortázar entre outros.

O cemiterio Montparnasse é un lugar fermoso, un dos pulmóns da cidade con árbores frondosas flanqueando as avenidas. Sempre podedes atopar algunha sorpresa inesperada, como este libro bookcrossing que encontrei na tumba de Antoine Haumont, xeógrafo francés.


3. L'ENTREPÔT
Preto do cemiterio de Montparnasse, na rúa Francis-de-Pressensé, 14e encóntrase L'Entrepôt, un espazo cultural fundado en 1975 por Frédéric Miterrand onde podedes gozar de actividades varias: xantar na terraza, ver filmes en versión orixinal, ir a concertos de jazz, asistir a un serán poético ou a un café filosófico.



4. LIBRERÍAS, LIBRERÍAS E LIBRERÍAS
Les Oiseaux Rares, a Librairie Anglophone, a Librairie Nicole Maruani, os bouquinistes, a Albin Michel e a librería da Bibliothèque François Mitterrand foron algunhas das paradas desta viaxe.






 5. LE CAFÉ DE LA MAIRIE
Situado na praza Saint-Sulpice, ofrece unhas vistas privilexiadas da igrexa e da fonte. Se tedes a sorte de estar na cidade un martes, poderedes asistir aos "Mardis littéraires de Jean-Lou Guérin", onde un ou dous autores/as presentan o seu libro.  É interesante porque este evento está organizado por un lector e que permite á súa vez que os/as autores/as invitados/as elixan á persoa que animará o encontro. 


 5. XARDÍN JAMES JOYCE
Moi preto da BNF, atopamos o pequeno xardín James Joyce, que agora comparte espazo co xardín da memoria, un recordo dos nenos/as da bisbarra aos 14 nenos/as e 3 adultos que morreron nun incendio do Bvd. Vicent Auriol.




6. HOTEL DU QUAI VOLTAIRE
As placas da fachada recórdannos que Voltaire finou neste lugar e que Baudelaire, Sibelius, Wagner e Wilde se aloxaron nas súas estancias ao seu paso por París.



Desde logo cómpre unha visita á Maison de la Poésie e ás bibliotecas Mazarin e François Mitterand, pero a estes espazos dedicareilles a súa propia entrada.

Alén disto, se camiñamos atentos á poesía, ésta encontraranos en cada recuncho da cidade.








Para saber máis:


Thursday, June 28, 2018

Words in Poems: Oscar Wilde



The Ballad of Reading Gaol

Each man kills the thing he loves 
By each let this be heard, 
Some do it with a bitter look, 
Some with a flattering word, 
The coward does it with a kiss, 
The brave man with a sword!

Some kill their love when they are young, 
And some when they are old, 
Some strangle with the hands of Lust, 
Some with the hands of Gold: 
The kindest use a knife, because 
The dead so soon grow cold.

Some love too little, some too long, 
Some sell, and others buy; 
Some do the deed with many tears, 
And some without a sigh: 
For each man kills the thing he loves, 
Yet each man does not die.

Sunday, November 19, 2017

Epitaphs (XV): Posthumous Letters in Paris (I) Père Lachaise

William Shakespeare dicía en Richard II, “Let's talk of graves, of worms, and epitaphs". Pois falemos de tumbas e epitafios, neste caso en relación ao Père Lachaise de París. Os vermes deixámolos para mañá, que trataremos o libro de Karl Ove Knausgård. 

Esta parada na capital francesa non só é para coimetrófilos, pois disque Père Lachaise é dos camposantos máis visitados do mundo. Abriu no 1804, leva o nome do confesor de Luís XIV (Père François d'Aix de la Chaise, 1624-1709) e ten arredor dunhas 70.000 tumbas nun xardín que ocupa unhas 44 hectáreas. Podedes botar un par de horiñas alí, e recoméndovos mercar un mapa no quiosco que hai no Bd de Ménilmontant para non perderse entre tanto boulevard.

A maioría dos visitantes anda na procura das tumbas dos ilustres: Chopin, Jim Morrison, Oscar Wilde, Molière, Apollinaire, Balzac, Proust ou Gertrude Stein entre outros. Só con esas a visita dá para moito, pero a verdade é que paga a pena levar un ritmo pausado e contemplar o que parece que é unha especie de batalla entre burgueses e bohemios. 

Hai mausoleos enormes decorados con estatuas espectaculares de anxos e escenas de pranto ou desconsolo extremo por unha banda, e por outra tumbas máis modernistas, outras humildes, ou kitsch ou mesmo tecnolóxicas (buscade a do código QR nas fotografías que seguen).

Entre criptas e árbores inmensas, unha rede de camiños adoquinados que parecen absorber os ruídos da cidade. Só se escoitan os nosos pasos e os da morte.


Tumba de Oscar Wilde, obra do escultor Jacob Epstein (1914)


















Tumba de Jim Morrison, cun epitafio en grego  “Κατά τον δαίμονα εαυτού” que nos recorda que viviu fiel ao seu espírito libre

A tumba de Morrison é das máis visitadas do cemiterio
Os/as fans deixan as súas homenaxes en forma de palabras ou chicles mastigados






A insólita tumba 2.0. Para saber máis, preme aquí

Outro detalle da tumba 2.0 











Tumba de Claude Chabrol





A fermosísima tumba de Frédéric Chopin


















Tumba de Simone Signoret e Yves Montand


















Tumba de Marcel Proust