Showing posts with label Castelao. Show all posts
Showing posts with label Castelao. Show all posts

Monday, December 17, 2018

Handwriting in Exhibitions: Castelao Maxistral

Todos temos recordos de anécdotas e experiencias vividas na escola, mesmo aqueles, como meus avós, que non pasaron tantas horas alí nin puideron ir tanto como quixeran. Esas instantáneas mentais tan vívidas funcionan tamén como nexo de unión ao evocar vivencias e contextos semellantes. Por iso vos gustará a mostra que pode visitarse ata o vindeiro 3 de marzo de 2019 no Museo Centro Gaiás. E xa nin vos conto se sodes docentes.




Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra é unha exposición artellada en torno a tres eixes temáticos: a escola da época, o vínculo de Castelao coa docencia e o cadro central da exposición, A derradeira leición do mestre. Se podedes asistir á visita comentada, a experiencia será moito máis rica, pois por unha banda, hai aspectos que se comentan en máis detalle (como a conexión entre as pezas) e ademais, en comparación cos fondos sobre Castelao que podedes ver no Museo de Pontevedra, a mostra é pequena, co cal desde logo a visita guiada dótaa de maior sentido e contido. No noso caso, o guía foi Javier Raposo que foi quen de incitar ao pensamento profundo e á observación atenta,  convidándonos a lanzar un búmerang unindo cada peza coa seguinte na súa traxectoria.


Comezamos coa fotografía que abre o espazo expositivo, tomada o 17 de agosto de 1945 no Centro Ourensán de Bos Aires, Nesa imaxe identificamos a Fernando Iglesias "Tacholas", Maruxa Boga e o propio Castelao entre outros, rodeando o busto de Alexandre Bóveda feito por Domingo Maza. Un breve apunte sobre Alexandre Bóveda e o cruento tiro no peito.

De aí a poñer en valor o comisariado da exposición, a cargo de Xosé Manuel Seixas, así como o termo do título da exposición magister, no sentido máis poliédrico e amplio da súa acepción en latín. Nos mestres céntrase a primeira sección, con estampas que Javier nos invitou a analizar desde o punto de vista educativo, estilístico e social. A Lei Moyano de 1857, o concepto brechtiano de arte que non é espello, senón "un martelo para darlle forma", o Castelao autodidacta que foi político, médico, ensaísta, caricaturista e pintor, as misións pedagóxicas e unha tasa de analfabetismo do 81% nos homes e o 94% das mulleres no 1931 foron algunhas pinceladas que nos axudaron a enmarcar cada unha das viñetas.






Entre as estampas hai 3 de coleccións privadas: Que ten o mozo?,  O escondite e o debuxo orixinal do símbolo de  identidade da editorial Nós.





O matrimonio con Virxinia Pereira e as responsabilidades que ela asumiu, as numerosas viaxes e a súa faceta de médico e pintor serviron de transición vital ao afondamento no preludio da imaxe icónica que centra a exposición. A derradeira leición do mestre é a estampa 6 do Galicia mártir número 6, un álbum de guerra que sae no contexto de paseos pola noite e disparos en cruces de camiños e soutos. Un exemplo dos 699 mestres represaliados, unhas 300 delas mestras que sufriron tamén "a rapa".






Pechamos o círculo que se abrira con Alexandre Bóveda e, como nesa última páxina de Montedidio, estamos preparados para o exercicio co búmerang. Á inversa que o protagonista, recollémolo no peito, miramos á esquerda e deixamos que encha a pupila a desgarradora imaxe.

Parabéns a Javier Raposo por unha visita moi ben fiada de principio a fin.

Thursday, April 5, 2018

Epitaphs (XIX): Posthumous Letters in Dumbría

"-¿O non ter por quén chorar parécelle pequena desgracia, señora?"

Tras dunha porta enferruxada agarda axexante unha explosión de cor, unha contemplación policromática da negrura da morte.  A pantasma de Mondrian recolle liñas de aquí e dacolá e rechea o seu arco da vella con tonalidades de amarelo, rosa, verde e laranxa. Dumbría róuballe o pantone do alén e entrégallo como ofrenda aos seus mortos no primeiro camposanto neoplasticista de Galicia.





Rosana Pichel, armada coa súa paleta mondrianesca, decora os nichos como se dun mandala xigante se tratase. A morte e o sol botan un pulso black and yellow e vén "la muerte echando rasero".  De par da caña d'herbas case lle cadraba ben un pan de muerto.







"ESA FIESTRA NON É UN OLLO da casa, como son as fiestras, pois ela somentes
sirve para que tome a raxeira do sol un cego..."




"A terra non quer perder o corpo que nos empresta"



Deica logo, Dumbría!

"Todos, todos, se riron e ninguén se decata con qué delor a vella namorada
chamará pola morte nesta noite de inverno"



Todos os textos en cursiva foron tomados de Cousas de Castelao.


Para saber máis:
  • Artigo en La Voz de Galicia (05/06/2015)
  • Artigo en La Voz de Galicia (20/10/2010)


Monday, September 12, 2016

The Heart in Books: Galería de saldos

Nos sete anos de andadura do noso club de lectura en Ribeira temos lido novela, poesía, teatro e relato curto. Non deixou de chamarme a atención que os libros de relatos curtos, que tanta relevancia teñen na literatura en lingua inglesa de ambos lados do océano, sempre fosen os peor valorados, especialmente polo público masculino. 

Das diferentes coleccións que lemos (unha escolla propia dos "clásicos" do século XX americanos; Summer Lies; Pieces for the Left Hand; The ASBO Fairy Tales e Tales of the Unexpected) só esta última recibiu valoracións positivas. E eu que son gran amante deste xénero porque me parece de gran mestría condensar nunha pílula literaria argumento, personaxes e contexto, cun efecto dramático ou reflexivo e un tratamento completo ou satisfactorio do tema, pregúntome por que seguimos considerando o relato curto de segunda división no campo de xogo da literatura universal.

Paréceme raro porque, ademais, o relato curto vén da tradición oral, especialmente abundante en Galicia, e con marabillosos expoñentes tamén na escrita (Castelao, Otero Pedrayo, Neira Vilas,  Manuel Rivas, Séchu Sende). Alén disto, existen numerosos certames e premios de relato curto que  indican o interese por este tipo de textos. Daquela, que pasa cos lectores? Será que asociamos relato curto a conto? E que o conto tamén segue un pouco menosprezado e enclaustrado nun nicho de lectores específico? 

En todo caso, alégrame atopar coleccións de relatos curtos en galego coma a que hoxe presentamos, Galería de saldos (2016) de Diego Giráldez, ilustrados por Iago Sánchez Losada. Era para min o primeiro texto deste autor e fascinoume desde o inicio, ese dobre epígrafe gin-tonic que presenta o binomio arte-mentira/verdade sazonado coas especias da retranca.


Replandece a lingua, moi Paul Auster, cun coidado traballo de xastrería no padrón das frases, os hilváns das oracións e os parágrafos, e o rematado da estrutura narrativa da colección de relatos. Este capeado postmodernista de elementos, cun coidado e organización case compulsivo, é crucial na fiada de temas de cada historia así como na estrutura global do libro.

A escrita e a súa experimentación formal non pasan desapercibidas, chaman a atención sobre si mesmas, e alértannos tanto da historia como do xeito en que se conta. Así sorprende atopar na lectura adxectivos con guións, ao estilo da lingua inglesa ("auriculares-brancos-Apple" (p. 14); "un tampax de por-se-acaso" (p. 36); "a tribu adolescente deixo-de-estudar-para-facer-un-módulo" (p. 40)) ou palabras-xogo ("As pílulas antidepresivas eran as fieis mascotas grazas ás cales sobremorría"  (p. 52)).

A maior habilidade formal, ao meu parecer, radica nas descricións. Coma no Hemingway de "A Clean, Well-Lighted Place" ou "Hills Like White Elephants", a prosa de Giráldez é aparentemente simple, directa, sen adornos. Quizais como no caso do americano, sexa herdanza do estilo xornalístico e da continua revisión para deixar só o imprescindible, o que marca. Ambos evitan o sentimentalismo barato, pero usan un estilo directo e persoal, rico en imaxes vigorosas con textura terrosa, con palabras lustradas e relocentes. Vaian algunhas mostras:

"Cori ten os dentes contaminados polos excesos e os ósos podres; as pálpebras mornas e os peitos tristes" (p. 23)

"Era un home astuto, suramericano de pel, con pelo de fregona usada e pupilas mecánicas" (p. 29)

"É unha mosca transparente con ás de papel cebola. A súa inxenuidade é toda de vidro" (p. 36)

"Agora xa ten corenta e sete anos - menos un verán- e unha sensación que restarlle ás plantas dos pés" (p. 45)

"Señoras que, grazas a un simple aceno sacramental, soportan a presión dos plenilunios do escaparate de Loewe para non se converter en lobas" (p. 116)

"Rebeca botábase tanto de menos que tan só era quen de soñarse sorrindo nunha praza de Lisboa..." (p. 122)

"Porque a cama da Otero era un poliedro no que cabalgaban señoritos e xente do común, sotanas e bastóns de mando, policías e ladróns, pistolas e flores" (p. 153)

Tamén chaman a atención os aforismos-case-greguerías que pintan imaxes tan vívidas coma as das obras de arte que ilustran cada relato:

"As cidades non teñen por que chorar por ti. Nin sequera están obrigadas a saber que sofres. Elas só coñecen a coreografía da habitualidade. E bailan" (p. 40)

"Vivir a infancia no sea dunha familia que non te escoita é almorzar cada mañá nun estado de sitio axeográfico" (p. 46)

"A sinceridade é coma unha escopeta cargada en mans dun chimpancé" (p. 57)

"Non hai coma ter unha nai en  nómina traballando na cadea dos sorrisos que non esperas" (p. 92)

"Pasarei a noite nesta pompa de xabón de cianuro" (p. 110)

"Ninguén saberá endexamais se é de xustiza que unha muller viva nun parto eterno, que non deixe nunca de empurrar para subministrar vida" (p. 116)

As descricións sucintas e a narrativa directa con puntadas líricas son as que nos invitan precisamente a ir deshilvanando cada un dos personaxes de Galería de saldos. E ao contemplalos vemos que están en crise, sós, á deriva ou nunha situación de desequilibrio,  tanto que se achegan ao límite do que poden aguantar ou mesmo o traspasan -moi Austeriano tamén. A busca da identidade e a incerteza, relatividade, inacessibilidade e elusividade resultantes lévaos á reflexión e ás veces á condena, no seu esforzo imposible por agarrar ese eu intanxible.

Os límites do eu tamén se difuminan ou multiplican,  o individuo amalgámase coa sociedade, nunha interdependencia faulkneriana do home co seu ambiente social. Coma Faulkner, Giráldez recréase na creación de retratos despiadados, "xente de carne e óso que é quen de erguerse e proxectar unha sombra".  Explora a sociedade do mesmo xeito que o fai o narrador de "The Man of the Crowd" (Edgar Allan Poe), espiando inicialmente a multitude para despois zoomear no individuo en particular, destripando a anatomía da sociedade, criticando os roles asignados, buscando a identidade (ou ausencia ou fragmentación dela) do individuo e retratando a fuxida da soidade. A realidade imponse, e esta dialéctica adoita rematar co individuo absorbido pola sociedade -"Ce grand malheur de ne pouvoir être seul". Malia todo, ata os ciclos do corazón poden resultar daniños:

"Acadaba o acougo cando, con dous dedos, atopaba o corazón no pescozo e se convencía de que todo era mentira" (p. 24)

"Gloria é imbécil máis sigo con ela, por amor. Gasta corazón de látex e bicos de cloroformo" (p. 36)

"Escribían con fume corazóns de fotonovela cando un compañeiro do músico, un percusionista sen tacto, abriu a porta do bar para avisar do comezo do ensaio" (p. 140)

Nin sequera a arte dá unha vía de escape na Galería de saldos, máis ben, é un xeito de "atopar orde no caos, de enfrontarse á vida" (Robert Hayden), e así aparece totalmente mercantilizada: no líquido desatoador, nun bolso, nunha almofada, un calendario, un edredón ou unha tatuaxe entre outros.

Só dúas cousas nos salvan de embarrancar no pesimismo: inspirar as reviviscentes burbullas da intertextualidade (música (Palito Ortega, Marisol, Adriana Varela, Luis Eduardo Aute, The Eagles, Magín Blanco, ...), literatura (Anne Sexton, Baudelaire, Iolanda Zúñiga, Jane Goodall,...), cine (Roger Corman,  Ben-Hur, Sunset Boulevard,...) e por suposto esculturas e pinturas); e por outra banda, elixir a imaxe que nos permita alentar, e unha das vantaxes dos relatos curtos é que nesta galería hai moito onde escoller. Persoalmente, quédome con dúas: o zapato cheo de puntos de cores en papel charón e os poemas horribles dos que se aman mentres tragan a neurodexeneración.


Friday, May 20, 2016

Rosalía de Castro's Letters

Very good news! Today there is an article in Faro de Vigo announcing that the Baltar family is going to deposit  400 letters (many of them unpublished and signed by Rosalía de Castro) in the Fundación Rosalía de Castro.

The Fundación already has a good body of correspondence, in fact, I am attaching below the information about it  from their website.

Correspondencia
(Catalogación individualizada das cartas, 1946-1970)


O Arquivo posúe importantes e interesantes fondos documentais, gráficos e mesmo sonoros, que até o de agora apenas eran coñecidos. Dentro do fondo documental cómpre destacar a serie de Correspondencia, na que podemos atopar cartas intercambiadas cos responsables dos centros e colectivos galegos de Bos Aires, La Habana, etc. como Juan Varela Grande, José Villamarín, Abelardo Estévez, Jesus Canabal, Rey Rodríguez, Ángel Pérez Cosme, etc., mostra das intensas relacións que o Padroado e os seu responsables mantiñan cos galegos emigrados.

En canto a personalidades galegas, é de interese a correspondencia intercambiada con Otero Pedrayo, Castelao, Bouza Brey, Sánchez Cantón, Del Riego, Manuel Gómez Román, Ferro Couselo, García Sabell, Gala Murguía, Naya, Valentín Paz Andrade, Filgueira Valverde, Quiroga Palacios e un longo etcétera.


Letter from Murguía to Alejandra. Source: rosalia.gal

But this addition will certainly enrich the archive. Here are the contents of the article by Faro de Vigo:

Uno de los archivos documentales más importantes de Galicia, el de la familia Baltar, vuelve a casa. La depositaria será la Fundación Rosalía, no en vano entre las más de 400 cartas del fondo -muchas, inéditas- figuran epístolas con la firma de Rosalía mientras otras desvelan datos biográficos de la misma.

El depósito en Padrón se hizo oficial ayer con la firma de un acuerdo en Madrid, en la Casa de Galicia, entre los descendientes de la familia Baltar, la Xunta de Galicia y la Fundación Rosalía. Desde esta última, detacaron "el valor histórico" del fondo destacando varios autógrafos de Rosalía, el diario de Ángel Baltar (amigo y protector de la familia Murguía-Castro), y misivas de Castelao o Pérez Lugín.