Showing posts with label Alberto Canal. Show all posts
Showing posts with label Alberto Canal. Show all posts

Thursday, September 27, 2018

The Heart in Books: The Tattooist of Auschwitz

The Tatooist of Auschwitz (2018) by Heather Morris is not just another Holocaust account. Much like O amor nos escuros días de Birkenau it is an ode to love, which can flourish even in the most adverse of circumstances. 




It is based on the true story of Ludwig Eisenberg (Lale Sokolov) who was born on 28 October 1916 in Krompachy (Slovakia) and was transported to Auschwitz on 23 April 1942 to spend three years of his life. An optimist by nature, we are told that Lale lived his life by the motto: "If you wake up in the morning, it is a good day" (p.262). And, throughout the book, we must give it to him - he sticks to that philosophy even when everything around him is moving in the opposite direction. 

There is a couple of things that I think make this book stand out among other accounts I have read. First, the fact that it was actually written as a screenplay and then reshaped into a novel (Morris's first). It gives the story a cinematic feel. There are a few scenes in the novel that remain with you impressed vividly upon your retina with a dynamism and freshness that turns out to be like the breaths of fresh air Lale snatches in his first train journey.

"Lale strikes a match. This might be the final act of his own free will. He holds the match to the lining of his jacket, covers it with his trousers and hurries to join the line of men at the showers. Behind him, within seconds, he hears screams..." (p.13) 
"Lale tries to separate the heavy, sodden uniform from his skin. It rubs and chafes, and the smell of wet wool and dirt brings him back to the cattle train. Lale looks to the heavens, trying to swallow as much rain as he can. The sweet taste is the best thing he's had in days, the only thing he's had in days" (p.15) 
"Her eyes, however, dance before him. Looking into them, his heart seems simultaneously to stop and begin beating for the first time, pounding, threatening to burst out of his chest" (p.43)
"From his bag Lale produces a small piece of chocolate. He places it on her lips, letting her feel the texture of it, before slowly pushing it a little further into her mouth. She presses her tongue against it Lale pulls it back to her lips. Now moistened, he rubs the chocolate gently across her lips, and she licks it off with delight When he pushes it into her mouth she bites down, taking a chunk off, opening her eyes wide" (p.94) 
Also, it is a Holocaust story told by a Kiwi, a New Zealander and that standpoint gives it some distance and restraint. Auschwitz is a place where death persists, but Morris manages to capture some humor, such as the moment when prisoners start to moo pretending to be cattle and suggest they eat the hay in the mattresses. Even in the deepest of despairs, there's room for irony. Ash may be raining down on the prisoners' heads, but there are gems hidden under the mattress.

In the fight for survival, Lale realizes soon enough that knowledge is ammunition that can be gathered and used to protect oneself. It won't be long before he discerns this very knowledge can also be a bullet that mercilessly pierces your heart. The same happens with the help provided. You might think you are lending someone a hand, and in fact you may be getting them in trouble (see Jakub's case, for instance).
"Lale has witnessed an unimaginable act. He staggers to his feet, standing on the threshold of hell, an inferno of feelings raging inside him"  (p.30) 
"Let's just say I took another step into the abyss but got to step back out of it" (p.148)
"He doesn't want to make friends. Not tonight. Not ever. He wants only silence in his block" (p.201) 
"His memories of home have been tainted by his memories of the war. Everything and everyone he cared for is now only visible to him through glasses darkened by suffering and loss" (p.243)
There is an author's note at the end that tells us the story took three years to untangle. It was let to simmer down, and that can also be sensed in the reading experience. There is so much that is not told and is yet sensed. Take the sub-stories in the book, for example: Aron, Pepan, Leon, Baretski, Jakob, Cilka or Nadya are characters that feature for a short time but make an everlasting impression on us. So little is said about them, and yet we feel the connection, we infer their life stories, dreams and feelings.

Yet, above all, The Tattoist of Auschwitz is a love story, like that single flower waving in the breeze Lale finds in the camp or like the four-leaf clovers the girls look for. True beauty in the midst of hell.
"Two people desperate for the love and intimacy they fear they will otherwise never experience" (p.147)
"He feels tears well up and fights them back. This is the deepest love he's ever felt" (p.196)
To know more:
  • Article in BBC Stories (08/01/2018)

Sunday, January 28, 2018

Letters in Books: O trapecista da malla de rombos

A literatura parece capturar a pura esencia da infancia. Fala do noso eu pequeniño de xeito cativador e envolvente, lonxe do discurso construtivista que categoriza aos/ás nenos/as como "proxectos de persoas" dependentes e inestables que cómpre coidar e educar para que alcancen o seu desenvolvemento pleno.

Por iso nos fascinan personaxes memorables coma Susana (A nena do abrigo de astracán) Oliver (Oliver Twist), Matilda, Balbino (Memorias dun neno labrego), Alice (Alice in Wonderland), Bruno (The Boy in the Striped Pajamas), Anne (Anne of Green Gables), Dorothy (The Wonderful Wizard of Oz) ou Tom (The Adventures of Tom Sawyer).  A través deles recuperamos a frescura e a coloquialidade da voz que nós tamén tivemos unha vez. Recoñecemos a nobreza, o enxeño e a inocencia que eles/as destilan e que pode que nós conservemos... pero xa un tanto esfarrapados.

Fóronsenos esfiañando no camiño cara o desenvolvemento pleno. Fai falta zurcilos. Remendalos cos fíos das historias que nos levan de volta transitoria á patria da infancia que dicía Rilke. Contos que nos fan reabrir o noso baúl (M. Carol), contemplar o remuíño de soños e  ilusión que contén e meternos dentro a apalpar a súa substancia e profundidade. 
Contos coma O trapecista da malla de rombos (2018), a novela máis recente de Alberto Canal. Ao engado dun personaxe peterpanesco únese o atractivo da singularidade e o misterio de Benposta, a Ciudad de los Muchachos. Benposta, unha "cidade" cun autogoberno democrático e autarquía económica que naceu en 1956 e durou uns corenta anos.  A súa Escola do Circo perseguía unha función social e inclusiva, similar ao programa Cirque du Monde do Cirque du Soleil. Acolleu a uns 200 nenos e nenas nos seus 40 anos de existencia.

Fidel desexa ser Iupanki, o trapecista da malla de rombos. Quere ser volteador, e esa ilusión será a súa forza motriz:

"Viña de sufrir un forte ataque de ilusión e iso fixo que por unha miga se sentise o neno máis feliz do mundo" (p.17)
"Non se decatan de que están a xogar cun dos sentimentos máis importantes da historia da humanidade: a ilusión dun neno por interpretar unha cantiga que procura felicidade para o corazón doutros nenos" (p.95) 
"... a memoria do soño de Benposta pervivirá por sempre, porque ningún destes milhomes que se senten poderosos será capaz de matar a ilusión que provoca nos corazóns dos nenos a chegada do circo a calquera lugar do mundo" (p.167)
"Crer, cren os maiores; os nenos só temos ilusión" (p.193) 

Iupanki é o protagonista indiscutible, pero a historia ocorre figurada e literalmente por riba da súa cabeza, no mundo adulto onde os soños deben camiñar pola corda frouxa das acusacións de explotación infantil ou pederastia.

Se Iupanki é o volteador, Benposta e a súa comunidade son o seu portor. Entre os dous (individuo e comunidade) executan o exercicio de equilibrio, balance e tempo. Iupanki non pode realizar as súas piruetas sen as presas de mans que lle serven de apoio no poliedro da vida: Nuna, Maeko, Ruxandra, o padre Silveira, Moacir e os demais. 
"... a Grande Aventura, e esta consistía en vivir unha morea de experiencias humanas na rúa, que lles ensinaban aos rapaces a valorar as cousas importantes da vida" (p.65)
Non se trata dun adoutrinamento. Iupanki é o epítome da resiliencia e a loita por conseguir os obxectivos propostos partindo da súa propia avaliación das circunstancias. A súa agulla de marear sinala a terra dos soños e colle o camiño menos transitado para emerxer ao outro lado da infancia, alén das convencións sociais, a discriminación e os prexuízos. A medida que vai adquirindo a axilidade e o equilibrio do acróbata, vai conformando a súa propia definición do que é a ilusión (p.183).

Canal confronta hábilmente a inocencia do neno cos paradoxos do mundo real, desenmascarando con brutal sutileza as deficiencias da nosa sociedade coma se dunha fábula se tratase, moi ao xeito de  A. de Saint-Exupéry. Non é que faga unha idealización da infancia pero, como en Benposta, quédanos claro que "... os nenos sempre ocupan o cumio da pirámide da xente importante" (p.34).

Saltos, volteos e rotacións argumentais sucédense ao ritmo do gran himno da ilusión, alternándose no poliedro deste circo que é o mundo. Todo o relato constitúe un exercicio de preparación para a "execución d[a] gran pirueta mortal" (p.9) que se presaxia na primeirísima páxina. E como veladura traslúcida deste gran cadro, o amor incipiente de Nuna e Iupanki ou o amor doente de Ruxandra e Moacir:
"Iupanki nunca lera nada tan fermoso como aquela carta de amor que mesmo parecía que fora escrita co sangue que a Ruxandra lle abrollaba do corazón" (p.134)
"O mundo non pode vivir sen ilusión" 
(p.141)

Para saber máis:

Monday, September 5, 2016

The Heart in Books: O amor nos escuros días de Birkenau

Un artigo recente de The Independent falaba dos achados dun estudo da Emory University que mostraron que ler un bo libro aumenta a conectividade cerebral e provoca cambios neurolóxicos que persisten unha vez rematado o libro.  Eses cambios rexístranse no córtex temporal esquerdo, asociado coa receptividade da linguaxe. As neuronas desta rexión permítennos enganar á mente levándoa a crer que está a facer algo aínda que non sexa así, o que se coñece como "grounded cognition", igual que cando pensamos ir correr e ao facelo xa activamos as neuronas asociadas co acto físico. 

Ben, este estudo mostrou cambios neurolóxicos ata cinco días despois de ter rematado o libro, probando así que o impacto non só é unha reacción inmediata senón que ten unha influencia duradeira.

O amor nos escuros días de Birkenau (2016) é deses libros nos que segues a remoer unha vez rematado.  Trátase da segunda novela de Alberto Canal (1967), que presenta a Thomas Münch, perruqueiro berlinés e preso político en Birkenau (campo de concentración e exterminio do complexo de Auschwitz) e a súa busca de respostas ás preguntas que se presentan na sinopse: É o amor a mellor arma para loitar contra a barbarie da sinrazón humana? Pode alguén confiar na bondade dese sentimento nun lugar onde hai que pelexar cos seres máis queridos por respirar a última burbulla de osíxeno que fica nas cámaras de gas? Era realmente posible o amor en Birkenau?


Foto de Raquel Pastoriza

Un relato incrible e intensamente persoal, brutal e inhumano ás veces - non esquezamos que estamos a falar de Birkenau- e cheo de descricións claras e ben artelladas que nos poñen a pel de galiña. Malia estar contado en primeira persoa, as pasaxes narrativas, as introspectivas e os diálogos manteñen un equilibrio harmónico, e parece que chegamos á empatía case por accidente.

No mundo gris de Birkenau, sobrancean imaxes visuais de gran beleza, bastóns que nos apoian na travesía narrativa, coma a dos cabalos correndo polo outeiro (p. 57), o sol no ceo (p. 107),  a Swiatynia imaxinaria (p. 110) ou a busca da calor dos condutos da calefacción (p. 149).  Pero sobre todo hai tres motivos que constitúen o osíxeno no ambiente abafante do campo: un deles é a música, que prové combustible espiritual e emocional e mesmo mostra a faceta máis humana de personaxes coma a Besta.

"Un Stradivarius de fermosa feitura sobranceaba nun recuncho da sala sobre unha caixa que parecía agachar un aparato musical, achegando un pouco de orde á confusión xeral do cuarto. Semellaba unha pincelada de equilibrio no universo do caos, un berro desesperado no mundo do silencio, un aloumiño de vida nos cavorcos do nada" (p. 63)

"Sabes en que penso cando pasa iso? Penso na miña irmá tocando o violín, penso na música que saía das súas mans, a miña cabeza está coa música, e tamén a miña alma. Cada vez que pasa iso, eu son música, só música" (p. 92)

"En Birkenau a música era a mellor medicina para a alma" (p. 130)

"Moito gustou a Besta da interpretación das reclusas, que até esbozou no ar un compás da partitura, como se se sentise na pel dun director que coas mans conduce aos seus músicos á cerna dunha melodía que procura a beleza absoluta" (p. 134)

"A do macedonio era unha melodía interpretada nunha tesitura de notas saloucantes, impregnadas dunha tristura melancólica que, a medida que ían avanzando os compases, se transformaba nunha especie de salmodia suplicante que lle pedía á divindade a fin dunha situación de oprobio para o xénero humano" (p. 155)

"Unha delas comentoulle a un dos meus perruqueiros que tiña gana de volver tocar o piano, que as súas mans non foram feitas para fabricar proxectís, senón para sacarlle sonatas de primavera ás teclas de marfil do seu Petrov" (p. 284)

O segundo é a mirada, como vínculo de unión e alternativa á soidade e ao silencio:

"... e entón agarreime á mirada de Irene coma o náufrago se agarra ao único obxecto que nese momento sobrancea no océano" (p. 28)

"A mirada, sempre a mirada!" (p. 69)

"Chegou a ser tan hermética que as miradas insinuantes rebotaban na miña coma nunha parede de frontón" (p. 73)

"Miroume, mireina, e souben que aínda ficaban brasas acesas, porque a mirada foi longa e intensa até perderse entre un regueiro de persoas..." (p. 81)

"A mirada, sempre a mirada como alicerce no que se constrúen os mellores sentimentos" (p. 92)

"Pensei entón que o amor non se pode soster no simple efecto estético que provoca a mirada, e que este só chega a transcender se nesa mirada un pode descifrar as mensaxes que lle está transmitindo a outra persoa..." (p. 104)

(sobre Alex, o fotógrafo) "As instantáneas que realizaba non eran un simple retrato da realidade. Acadaban unha mirada propia, unha perspectiva chea de connotación que convidaba a reflexionar sobre que autor pretendía comunicar con aquel particular punto de vista" (p. 147)

"... un novo encontro con Irene no que, coa mirada, así o soñaba, nos prometeriamos amor eterno, ou cecais simplemente amor" (p. 149)

"... o noso proxecto de noivado limitábase ás miradas fugaces" (p. 150)

"Decateime entón de que xa non necesitaba un novo encontro íntimo con aquelas miradas nas que nos recoñeciamos como amantes para manter viva a paixón até que puidésemos fuxir daquel inferno" (p. 184)

E por suposto tamén o poder erótico da palabra para chegar ao corazón:

"Pecha os ollos da faciana e mantén abertos os do corazón. Quero que me sintas a través das miñas mans. Pode que haxa cousas que non sexan posibles neste lugar e neste momento, pero ninguén nos vai quitar que poidamos xuntar os nosos corpos e deixarnos levar pola imaxinación" (p. 167)

Thomas é un loitador, obviamente, pero esta non é unha epopea da súa loita pola supervivencia, xa nolo avisa o título, pero si unha oda á coraxe na completa entropía, a busca desesperada da motivación para seguir vivindo no medio da atrocidade. A esperanza de Thomas é expugnable, ás veces fraquea e mesmo cae, lonxe da rixidez ideolóxica e o heroísmo. Este é o tipo de exploración realista que nos fai falla: Os gañadores tamén perden e os fortes non sempre sobreviven.

Mesmo cando fala do inimigo, coñecemos todos os tons de alemáns: desde os Nazis verdadeiramente comprometidos coma a Besta ou a Cadela, pasando polo Supervisor e chegando ao propio Thomas, que tamén adoece do prexuízo. Non busca as nosas simpatías ou o perdón, pero Canal acéndenos un facho que ilumina a psique humana. 

O estado de Israel outorga o recoñecemento "Righteous Among the Nations" a aqueles non xudeus que salvaron (ou tentaron salvar) a xudeus. Cando rematamos de ler a historia de O amor... é inevitable sentirse como Baruch Sharoni, un membro do comité que entrega os Righteous, que dixo: "Vexo aos salvadores coma verdadeiras almas nobres da raza humana, e incluso cando os coñezo síntome inferior a eles dalgún xeito, porque sei que se tivese estado no seu lugar non sería capaz de tales accións". Esta é a impresión que nos queda despois de ler a novela de Alberto Canal.