Showing posts with label Antero de Quental. Show all posts
Showing posts with label Antero de Quental. Show all posts

Tuesday, October 2, 2018

The Heart in Poems: Antero de Quental (III)


(Ponta Delgada, 1842-1891)

SOLEMNIA VERBA

Disse ao meu coração: Olha por quantos 
Caminhos vãos andámos! Considera 
Agora, desta altura, fria e austera, 
Os ermos que regaram nossos prantos... 

Pó e cinzas, onde houve flor e encantos! 
E a noite, onde foi luz a Primavera! 
Olha a teus pés o mundo e desespera, 
Semeador de sombras e quebrantos! 

Porém o coração, feito valente 
Na escola da tortura repetida, 
E no uso do pensar tornado crente, 

Respondeu: Desta altura vejo o Amor! 
Viver não foi em vão, se isto é vida, 
Nem foi demais o desengano e a dor. 

Monday, February 26, 2018

Literary Walks (IV): Coímbra

Carlos Rodríguez ensinounos (e ensínanos) as verdadeiras dimensións da xeografía literaria, o que é casar lugares con palabras, paisaxes con versos. A peripateliteratura da man de poetas, escritores/as e eruditos/as, unha experiencia gastroverbal que da para rumiar nela unha vez rematada. E claro, a unha dálle a impresión de que ir a un lugar e non descubrir que palabras leva parellas é perderse a viaxe emocional.

Porén, por veces hai sorte e elixes un destino e unha data na que cadra ben e tes un Cicerone de altura: Alexandre Valinho Gigas, un poeta portugués que se define coma "semi-nómada, na realidade e em pensamento". Un home activo, que organiza eventos do movemento Re-factory, membro do colectivo ANARKITEKTURA, así como do Project Gigas Megaphone Surrealistic Machine. 

Ten participado en actos coma Poesia pelas tascas e pelas ruasPoesía: Oralidade, Liberdade, SexualidadeRota das tabernas e Viagem literária. Nós puidemos acompañalo o día 11 de febreiro no ambicioso roteiro literario que nos levou por lugares que inspiraron as historias de grandes escritores ou serviron de contexto para a súa actividade literaria.

O varrido histórico foi exhaustivo: poesía trobadoresca, modernista, presençista, simbolista, realista,... con textos de Don Dinís, Miguel Torga, Mário de Sá-Carneiro, Camilo Pessanha, José Afonso, Vergílio Ferreira, António Nobre, Eça de Queiroz, José Régio, Carlos de Oliveira e Antero de Quental.

Pasamos polos que non se sentiron cómodos no ambiente universitario de Coímbra, como Mário de Sá-Carneiro, que "non coubo en Lisboa nin en Coímbra" ou Antonio Nobre que criticaba a barulheira dos estudantes porque el si quería dedicarse a estudar; e outros que viviron nas casas comunitarias, que se sentiron parte dese fervedoiro de actividade e participaron nas loitas por un ensino máis moderno. 

Foi curiosa a indicación que Alex nos deu da separación en "capelinhas" dos grupos artísticos de Coímbra e das cidades portuguesas en xeral onde, a diferenza de París, non houbo ligazón ou diálogo entre as diversas artes, senón que os artistas de cada disciplina (pintura, literatura, etc) se xuntaron en grupos que apenas se comunicaron.

O roteiro foi moi detallado e completo, cos textos escolllidos e recitados con mimo e coa información dosificada en xusta medida. Eu quédome con detalles de dous escritores: Camilo Pessanha e Antero de Quental.

Descubrira a Camilo Pessanha primeiro na Biblioteca Joanina, pero aquí Alex afondou na  súa atormentada vida de desamor, dependencia do opio e lonxanía da terra, xa que viviu en Macao. Tamén lle puxo voz a un poema, "Madalena" de Clepsidra.

Antero de Quental, a quen descubrín nas Açores, revelouse aquí dun xeito máis persoal. Contábanos Alex que nas noites de lúa chea se poñía nas escadas da Sé Nova a declamar ou facer disertacións e así foi como Eça de Queirós o chegou a coñecer. No vídeo que tedes a continuación podedes escoitar o texto no que Queirós describe ese encontro, así como outros dous extractos de textos lidos por Alex Valinho.

Anímovos a facer este roteiro por Coímbra se tedes a oportunidade, xa que paga moito a pena! Foi un verdadeiro luxo, tanto polo roteiro en si como pola compañía dos demais asistentes, a quen quero agradecer a axuda e as aclaracións cando non entendía algunha cousa. Gustaríame dar as grazas especialmente a Rui Jacinto, profesor de Xeografía da Universidade de Coímbra, pola conversa posterior e por ensinarnos algúns dos segredos de Coímbra. Tamén ao noso guía de excepción, Alexandre Valinho Gigas, tanto pola viagem da cotemplaçao da cidade co percurso do real e do imaginário, como polo regalo do seu poema. E por suposto, a Carlos Rodríguez por terme contaxiado este vicio dos roteiros.



FIM
Falam por mim os plátanos da rua:
Deixam cair as folhas amarelas,
E ficam hirtos na friagem nua
Como mastros sem velas
(Miguel Torga)


Hotel Avenida, onde Mário de Sá-Carneiro viviu 6 meses
Vistas desde a Tv. Couraça de Lisboa
Mas dize tu, ó Mondego,
Pois todos levam seu fado,
Tu que foges e eu que fico,
Qual de nós vai mais pesado?
(Antero de Quental



Ruína do teatro Sousa Bastos
Casa da Nao (en estado tamén ruinoso)

Casa comunitaria
Casa de Carlos de Oliveira
Casa da escrita
Sé Velha
Museu Machado de Castro
*Os dous poemas (de Miguel Torga e Antero de Quental) incluídos nesta entrada non foron os escollidos para o roteiro, senón que os tomei do libro Encantada Coímbra: Colectánea de poesía sobre Coímbra (2003). 

Sunday, January 8, 2017

The Heart in Poems: Antero de Quental (II)



Sepultura Romântica

Ali, onde o mar quebra, n'um cachão 
Rugidor e monótono, e os ventos 
Erguem pelo areal os seus lamentos, 
Ali se há-de enterrar meu coração

Queimem-no os sóis da adusta solidão 
Na fornalha do estio, em dias lentos; 
Depois, no inverno, os sopros violentos 
Lhe revolvam em torno o árido chão... 

Até que se desfaça e, já tornado 
Em impalpavel pó, seja levado 
Nos turbilhões que o vento levantar... 

Com suas lutas, seu cansado anseio, 
Seu louco amor, dissolva-se no seio 
D'esse infecundo, d'esse amargo mar!

De Sonetos (2016)

Saturday, December 31, 2016

Hands in Poems: Antero de Quental



Idílio

(1842-1891)

Quando nós vamos ambos, de mãos dadas, 
Colher nos vales lírios e boninas, 
E galgamos dum fôlego as colinas 
Dos rocios da noite inda orvalhadas; 

Ou, vendo o mar das ermas cumeadas 
Contemplamos as nuvens vespertinas, 
Que parecem fantásticas ruínas 
Ao longo, no horizonte, amontoadas: 

Quantas vezes, de súbito, emudeces! 
Não sei que luz no teu olhar flutua; 
Sinto tremer-te a mão e empalideces 

O vento e o mar murmuram orações, 
E a poesia das coisas se insinua 
Lenta e amorosa em nossos corações.