Showing posts with label Lois Pérez. Show all posts
Showing posts with label Lois Pérez. Show all posts

Saturday, July 13, 2019

The Heart in Poems: Lois Pereiro (V)




(¿E serei eu tamén como Nerval, "le
ténébreux, le veuf...", o sen console,
Príncipe de Aquitania na torre abolida?
... Todo está escrito.
Sexa cal sexa o resultado do meu soño
apostado con cautela, estou sempre disposto
a embarcar no meu barco lento para China,
amado ou desamado...)

VI
Noites en branco coma sabas húmidas
nas circunvolucións do meu cerebro
tendidas sempre ó vento do perigo
da erupción e da combustión eterna
doutra pel desexada que ardería
no lume que a súa visión provocara.

En min aniñan sempre ano tras ano
as aves migratorias
que buscan climas cálidos
nun exilio forzado polo inverno
vencidos desarmados e cativos
os seus feridos corazóns perplexos
que a ardor vai tinguindo dun odio frío.

Unha estación no inferno, outra no ceo
temporalmente amable e despexado,
e ó final sempre a triste pulcritude
doutro ensaio xeral do soño eterno.

xuño, 95


En Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995)

Wednesday, December 6, 2017

Words in Books: Long Play

PLAY
NO DISC
Test for subchannel errors
READ SUBCHANNEL
Retrieve data
REPLACE
REPLACE
Use analog storage medium

LP
Long Play (2017)


PLAYING...

Deslízase a agulla polo acetato e risca na imaxinación do poeta que, "como un mapa da liberdade" (p.99), xoga coa polisemia do LP. A 33 RPM percorremos as estrías da espiral modulada que deambula por sendeiros de terra, muros de cemiterio, praias e lavadoiros. Corrubedo, Celeiro, Terra Chá, Fisterra, a Illa de Arousa, Samoa, Lima, Perú, Malpica, Xove, Muimenta, Folsom Prison. 

Polo suco estándar soan pistas do interior cara o borde, featuring Rolling Stones ou B.B. King con letras de Boris Vian, Camus, Sartre, Neruda ou Harold Bloom. Incítasenos ao baile desde o primeiro verso, "o eléctrico baile dos nosos corpos" (p.15); "(n)o eterno baile do xogo de amor" (p.16), O baile da noite (p.17). Hurricane girl convírtese en Rapaza furacán (pp.32, 33) na mesma CARA A onde sae o Luar e os mariñeiros xogan ao subhastado.

Do son monoaural do alcohol e os amplificadores pasamos ao estereofónico do persoal e o social. A forza de seguimento da agulla segue riscando. Multiversos que se expanden: A soidade, a morte, o amor, a verdade. E o tempo que foxe.

"o tempo nunca deixa de correr 
namorado furacán rei das apostas" 
(p.17)

"O tempo guinda a súa pedra ao vento
e a miña infancia desaparece no mar..." 
(p.21)

"Esvaécese o noso tempo e foxe sen nos decatar
na viaxe absurda ao Infindo deste mundo" 
(p.40)

Ante o paso do tempo, permanece a lingua.

"A miña lingua é unha pipa de nove milímetros
que apunta ao meu corazón
e podo vomitala pola boca
ou cuspila no papel en tons vermellos...
(p.93)

As bandas sonoras ópticas mudan en espectrogramas de palabras luminosas coas que tamén nós podemos xogar ao equívoco. Amar en caso de incendio ou Arder en caso de amor (pp. 35, 36). Ti elixes.

"O amor é un faro de espellos de lume
que aquece os corpos xa cansos de palabras
a sombra do mundo é a nosa propia sombra" 
(p.22)

"Esta é a miña vida
a palabra que non era
onde falta o que sobra
e sobra o que falta
alí nun poema" 
(p.42)

"Busca a palabra e a vertixe
coma unha boa espía namorada..." 
(p.81)

A escrita como exercicio de alta fidelidade para que cada un "encontr[e] a súa canción" (p. 140) nun "país coma un tesouro baleiro" (p. 46).

"Escribo
porque
me
sae
así..."
 (p.19)

"Baixei xusto aquí onde remata o verso"
 (p.20)

"Non hai salvación pola literatura" 
(p.44)

"Busco un poema-río
coa súa corrente salvaxe
e non o encontro..." 
(p.75)

O canon indica que a CARA B debe ir de fóra cara a dentro. Pero Lois Pérez elixe unha gravación anárquica a tres canles: poesía, humor e performance. Cómic, historias, anécdotas, instantáneas, versos con sabor a retrouso e marihuana que non morren na folla. Fillos quizais da cultura oral, cunha retórica apaixoada mais cunha dicción sen arrodeos. Inventiva fresca que prescinde das reviravoltas lingüísticas que buscan impresionar.

"Un poeta pode sobrevivir sen bufanda ou fular.
Nunca sen poesía" 
(p.124)

"Vencémola porque aplicamos A Teoría das Pelotas
que consiste en facer o que nos sae da filosofía" 
(p.136)

A enxeñaría literaria convida ao baile de novo. Inestabilidade e inclinación. O performer da páxina obríganos a xirala, a saír dela, a voltar entrar. Rematan os versos pero prenden noutros e a colección, coma a vida mesma, pode examinarse en termos de intros e fadeouts. Mesmo os poemas que parecen pechados teñen un final aberto, deixándonos coa sensación de que quedan cousas por dicir e que cómpre que nós os rematemos. Igual os ollos xa se nos afixeron á escuridade do pub pero seguimos confusos polo suspenso final, con ganas de darlle a Replay.

"Non subestimen nunca a última páxina
porque aínda non está escrita" 
(p.186)



Upbeat Groove

Now playing: Lois Pérez

PL
Play in Loop

Friday, December 1, 2017

Hands in Poems: Lois Pérez



O BAILE DA NOITE

Sinto que hai unha salvación
onda a illa dos nosos ollos
somos dous bonecos de trapo

sorrimos case sen pensalo
ti esvaras polo meu interior
es unha mansa invasión eléctrica

podo sentilo e ti podes sentilo
levas dentro a loucura e as promesas

tráfico de luces no gramófono enfebrecido
misterio e desexo son varelas da noite

Sinto que hai unha salvación
achégaste a min ti eléctrico espellismo
a paixón refulxe agora coma nun ceo sen esquinas

Colles a miña man e eu collo a túa
ninguén máis ca nós sabe o segredo

As nosas sombras bailan contra a perfidia
o tempo nunca deixa de correr
namorado furacán rei das apostas

sinto que hai unha salvación
silencios tecidos de catedral e desexo
no desprezo das dores que cargamos
somos amantes malditos
oferentes foraxidos no brillo do escuro

sinto que hai unha salvación
e os teus pés non deixan de bailar
xuntos faremos a nosa historia.

En Long Play (2017)