Showing posts with label Manuel Rivas. Show all posts
Showing posts with label Manuel Rivas. Show all posts

Monday, May 22, 2017

Words in Books: Beixos de lingua


Como a maioría dos mortais, adoro estes meses que constitúen o limiar do verán: a luz, os días longos, a explosión de cores, as nubes antolladizas, os baños de mar prematuros e... as cereixas. As gorentosas cereixas coas que soño, e máis despois daquelas suxerentes liñas de Manuel Rivas en Que me queres amor? (1996), lembrades?

“Soño coa primeira cereixa do verán. Doulla e ela lévaa á boca, mírame con ollos cálidos, de pecado, mentres fai súa a carne. De repente, bícame e devólvema coa lingua. E eu marcho tocado para sempre, o óso da cereixa todo o día rolando no teclado dos dentes como unha nota musical silvestre.”

Esas froitiñas bulbosas cunha cor, tamaño e textura perfectas constitúen un pracer para os sentidos. E unha vez degustada, sempre queda o recordo do óso para "rolar nos dentes" como ben dicía Rivas.

Beixos de lingua (2017) é un saquiño de cereixas. Achégaste ao primeiro poema salivando xa, atraída polo fermoso carácter caligramático dalgúns dos textos.  Que ganas de mordelo, de ver se está no seu punto, se será acedo ou doce, carnoso ou seco!  E de repente, inesperadamente, estóupache irresistible na boca. Lelo unha vez e daste conta de que non abondou. Queres lelo outra vez para ver se o efecto é o mesmo. A pedra a rolar no teclado dos dentes. Repítese o efecto como na primeira vez, porque como as cereixas gardan as raiolas do sol no seu corazón, as palabras de Paco Barreiro  gardan o xogo no ventre.

A poesía en xeral está deseñada para ser lida en voz alta, pero é máis así no caso dos textos de Beixos de lingua,  porque te domina o desexo de escoitar a musicalidade das aliteracións,  que che ecoan na boca e rebotan nos oídos. O mesmo ocorre con outros, que son pura brincadeira, búmerangs de equívocos que van e veñen e que tes que evitar para que non che dean no nariz. E no outro lado do espectro, están os poemas que son coma plumas na palma da man, cóxegas lingüísticas que seducen o riso ata levalo ao clímax da gargallada.

Paco Barreiro, é un escritor de formación ecléctica (en música, teatro, dobrexa, regueifa, ...)  probablemente a causa da calidade suprema destes versos. Deixádevos seducir por este froito de verán, magnético dende a tona ata a pedra.





Thursday, October 13, 2016

Words in Books: As voces baixas




"Aprendín que a linguaxe tiña estacións. Días en que as palabras xermolaban, días de solaz nas bocas, días en que falaban soas, días en que caían dos labios follas secas e marchaban en remuíño lonxe da boca, cun rumbo resentido".

Sunday, August 21, 2016

Hands and Heart in Exhibitions: "Rostros do país"

The exhibition "Rostros do país" consists of unique color portraits by the photographer Xurxo Lobato (1956) displayed at the Biblioteca e Arquivo de Galicia until September 18.

The show is a wonderful opportunity to see the compassionate and intimate photographs of working class life by someone who aims at portraying personalities or faces with the underlying implicit objective of showing us our society and our country (Galicia). It is also very original inasmuch as he represents 70 people that have been portrayed in their work environment, therefore depicting a complex sociological landscape, the landscape of Galicia in the 21st century. Ramón Villares, president of the Consello da Cultura Galega mentioned that "The choice of portraits does not constitute a canonic image, but it allows us to appreciate the basic lines of Galicia nowadays, in its social and institutional structure, but also in the fields of work and factories, culture and identity".

The “Rostros do país” exhibition is a welcome rediscovery of Lobato, his seriousness and aesthetic sensibility… and a sharp contrast to the self-absorption and worship of celebrity that is evidenced in so much photography today.






Susana Seivane - Gaiteira - Cambre 


Antonina Semedo - Inmigrante caboverdiana - Foz


Friday, June 3, 2016

Words in Poems and Music: Gelria

Hai tempo que me viña fixando na tenda O Pazo das Musas, na Rúa Nova (Santiago de Compostela), polo seu nome tan evocador e porque sempre ten cousas interesantes no escaparate. 

Fotografía tirada de https://www.google.es/
Finalmente foi un libriño-disco o que me obrigou a entrar. Trátase de Gelria co seu Cantos de poeta, unha escolma da lírica galega desde o Rexurdimento ata hoxe a través das voces de catorce autores: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Luís Pimentel, Uxío Novoneyra, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Luz Pozo Garza, Chús Pato. A estes hai que engadir os versos de Manuel Rivas, que van intercalados entre os versos dos escritores escolmados.





Gelria, nome tomado dun buque holandés no que navegou Manuel Antonio, é un trío composto por Mario G. Cortizo, percusionista, Federico Mosquera, pianista e Elena Tarrats, cantante.

Por que escoller poemas? Mario G. Cortizo explicou nunha entrevista que "Nós somos músicos, non letristas, e nunca poderiamos escribir así. Pero na música clásica, que é de onde vimos, o habitual é que haxa un libretista e un compositor". E foi con mimo e coidado que puxeron os sons aos versos, respectando escrupulosamente a métrica das poesías e aparellando a cada estrutura a música que mellor lle acae, desde aquela de tradición popular pasando pola clásica ou o jazz ata o pop.

Non tiven aínda ocasión de escoitar con calma o disco, pois téñoo emprestado, pero o libro é unha delicia, cunha edición multilingüe dos poemas, fotografías de Juan Luis Rúa, ilustracións de Sonia García Vidal e o uso de distintos papeis, como o vexetal no que se imprimiron as palabras de Rivas.



Friday, April 8, 2016

Letters in Poems: Viúvas dos vivos e As Matrias

Traemos hoxe dous poemiñas de temática similar e imaxes semellantes, inspirados na sección “Viúdas dos vivos, viúdas dos mortos” de Follas Novas (1880) de Rosalía de Castro (1837-1885). O primeiro deles, “Viúvas dos vivos” fai alusión ás cartas e postais escritas polas mulleres con maridos emigrados.  Foi escrito por Manuel Rivas (1957) e atópase na súa colección Do descoñecido ao coñecido. Obra poética (1980-2003).
Teño unha admiración especial por Manuel Rivas desde hai tempo. Con 15 anos leramos no instituto ¿Que me queres amor? (1995) que me encantou –e lembro que era un parecer xeralizado na nosa clase, para que despois se diga que as lecturas obrigatorias sempre son desacertadas – e tamén recordo vívidamente que nunha presentación que fixo en Santiago me adicou o libro e escribiu “A Diana. Resistimos porque soñamos”. Podedes imaxinar o efecto que tivo nunha adolescente. De feito, esas palabras séguenme enfeitizando, así como a obra de Rivas.

O seus últimos libros, “xemelgos siameses” como el os chama, o poemario A boca da terra e a novela O último día deTerranova, son preciosos, cada un na súa liña e complementándose mutuamente. Recoméndovos a súa lectura, pero entretanto quedamos con este poemiña:

VIÚVAS DOS VIVOS

Elas escribían cartas
con abrentes de mel e biscoito
e chegaban postais con vermellos tranvías,
xardíns de acuarela,
cadelos de algodón
e unha parella absurdamente feliz enriba da ponte de
Westminster

E estoutro poema de Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), extraído da súa Poesía galega completa (2004) mantén  a figura da viúva de vivo como representación penelopiana de Galicia sometida á crise económica e social ata o punto de obrigar aos seus habitantes á emigración masiva, principalmente á América; e engade tamén ao seu contrapunto, as viúvas dos mortos.

AS MATRIAS

Viúdas de vivos,
-panos de lúa e bágoas-
agardan ós ausentes
que as búsolas levaron
polas duras vereas do desterro,
onde camiña a estirpe esparexida
en busca dos abrentes labradores.

Viúdas de mortos,
noivas de escuros mártires,
irmás dos inocentes,
inmolados á ira,
agardan nos insomnes
arrabales das albas
a que volte a luz restituída

Sunday, April 3, 2016

Letters in Poems and Music: Carta ao fillo e "Letters from Home"

Hoxe poñemos en relación un poema e unha canción, xa que ambos textos tratan das cartas dentro do ámbito familiar.  O primeiro é un poema de novo de Manuel Rivas. Dun pai a un fillo: poderosísimo, un reto, un desafío. O segundo é unha canción de John Michael Montgomery, un retrato da vida dun soldado que se vai ao estranxeiro e recolle fragmentos de cartas da nai, da súa moza e do seu pai.

CARTA AO FILLO

A voz do pai ten o son
da moeda no chan.
non herdes os seus silencios,
a súa diplomática febleza,
o seu covarde cinismo,
a súa derrota.
Vénceme.
Gáñame.
Corre tan lonxe que non te poida ver.
Borra todos os sinais.
Esquéceme.
E logo, se tes tripas,
Entre cella e cella:

QUÉREME.


"Letters From Home"


My dearest son, it's almost June
I hope this letter catches up with you and finds you well
It's been dry but they're callin' for rain
And everything's the same ol' same in Johnsonville
Your stubborn ol' daddy ain't said too much
But I'm sure you know he sends his love
And she goes on, in a letter from home

[Chorus]
I hold it up and show my buddies
Like we ain't scared and our boots ain't muddy
And they all laugh like there's something funny
'bout the way I talk, when I say mama sends her best ya'll
I fold it up and put it in my shirt
Pick up my gun and get back to work
And it keeps me drivin' on, waitin' on
Letters from home

My dearest love, it's almost dawn
I've been lyin' here all night Long,
Wonderin' where you might be
I saw your mama and I showed her the ring
Man on the television said
Something so I couldn't sleep
But I'll be alright, I'm just missin' you
And this is me kissin' you
X's and O's in a letter from home

[Chorus]

Dear son, I know I ain't written
And sittin' here tonight alone in the kitchen
It occurs to me I might not have said it, so I'll say it now
Son, you make me proud

[Chorus]