Showing posts with label Xurxo Lobato. Show all posts
Showing posts with label Xurxo Lobato. Show all posts

Tuesday, August 14, 2018

Hands in Photography: José Vidal


O poder da fotografía e a súa intelixibilidade crean unha democracia do entendemento dificilmente superable por calquera outro medio. Parece que o pasado está dialogando directamente con nós nun exercicio de familiaridade e cercanía que elimina as fronteiras do espazo-tempo.

Cando falamos ademais de fotografías históricas de ámbito local, engádese a dimensión da nostalxia, pois son fiestras a eventos e escenas que desapareceron das nosas vidas e que iluminan aspectos da  historia do noso pobo e da nosa herdanza cultural. 

Por iso é unha alegría ter acceso a volumes coma este José Vidal. Unha vida dedicada á fotografía, de Xan X. Fernández Carrera que se presentou o pasado venres 10 no Museo do Mar de Laxe.

Na presentación destacouse a importancia do fondo Vidal non só para a vila senón tamén para as comarcas de Bergantiños e Soneira, polo retrato que fai da evolución da paisaxe, da terra e da xente, ademais de ser unha proxección da figura de José Vidal cara o futuro.

Fernández Carrera salientou "o estudo, traballo e habilidade que hai detrás de cada instantánea, así como as destrezas sociais e a capacidade de convocatoria" que asumimos que tiña José Vidal para facer que tanta xente posase para os seus retratos.

Comezou por revisar o contexto histórico de Plácido e José Vidal: unha sociedade rural, agraria e mariñeira, pouco industrializada (salvo algúns serradoiros, minaría do caolín e empresas de salgadura), de poboación dispersa, illada e con poucos recursos. 

De seguido pasou á biografía de Plácido Vidal Díaz (1867-1956),  personaxe destacado da burguesía vilega en Laxe e aos seus inicios como fotógrafo coa cámara fotográfica regalada por José Villar (da Droguería Villar en Coruña). No 1900 nace José María Vidal García, o fillo, e o fotógrafo ao que pertencen a maioría dos documentos visuais que se conservan. Carteiro en Corme, auxiliar de secretaría en Laxe, correspondente do xornal El Ideal Gallego, viuse afectado a nivel persoal e familiar polos vaivéns políticos da época, pero malia todo mantivo a súa actividade como fotógrafo ata 1980, mesmo unha vez xubilado.

67.000 elementos fotográficos entre negativos e positivos de cristal e plástico son os que se conservan hoxe no arquivo Vidal, que Fernández Carrera agrupou, grosso modo, por temáticas: vilas (desde Camariñas a  Caión); sociedade (feiras,  festas e romarías, familias, fotos da escola, traballos e oficios (da mina de caolín, zapateiros, taberneiros) e mar

Alejandro Ávilabisneto de José Vidal, recordou dous momentos importantes: setembro de 1992 cando foi consciente do valor do laboratorio; e 2008 cando fixeron a cesión do fondo fotográfico ao Concello de Laxe. Aludiu tamén, alén da calidade fotográfica do fondo, á visión social e ao valor da memoria emocional que identifica toda a zona.

Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, pola súa banda, puxo en valor o traballo rigoroso de estudo de Fernández Carrera e a relevancia do fondo fotográfico Vidal como sinal de identidade e de pertenza a unha colectividade recordando as palabras do fermosísimo discurso "Eu tamén navegar" pronunciado por Xohana Torres:
"Hoxe, xa de volta das grandes mareas, declaramos que a vida non é sempre unha travesía ben informada, hai moitas maneiras de ver os mapas, pero ben ve o que mira dúas veces a mesma paisaxe.  (...) Non somos máis que o que recordamos, ese ceo protector que de maneira alterna nos cobre ou se desvela e que se nega a desaparecer".

José Vidal. Unha vida dedicada á fotografía, é un libro para gozar e revisitar, un imprescindible a carón de Caamaño, Manuel Ferrol, José Suárez, Ruth Matilda Anderson, Català-Roca, Baldomero Pestana ou Xurxo Lobato

Sunday, August 21, 2016

Hands and Heart in Exhibitions: "Rostros do país"

The exhibition "Rostros do paísconsists of unique color portraits by the photographer Xurxo Lobato (1956) displayed at the Biblioteca e Arquivo de Galicia until September 18.

The show is a wonderful opportunity to see the compassionate and intimate photographs of working class life by someone who aims at portraying personalities or faces with the underlying implicit objective of showing us our society and our country (Galicia). It is also very original inasmuch as he represents 70 people that have been portrayed in their work environment, therefore depicting a complex sociological landscape, the landscape of Galicia in the 21st century. Ramón Villares, president of the Consello da Cultura Galega mentioned that "The choice of portraits does not constitute a canonic image, but it allows us to appreciate the basic lines of Galicia nowadays, in its social and institutional structure, but also in the fields of work and factories, culture and identity".

The “Rostros do país” exhibition is a welcome rediscovery of Lobato, his seriousness and aesthetic sensibility… and a sharp contrast to the self-absorption and worship of celebrity that is evidenced in so much photography today.






Susana Seivane - Gaiteira - Cambre 


Antonina Semedo - Inmigrante caboverdiana - Foz


Tuesday, May 3, 2016

From Hand to Heart: As mans na fotografía de Xurxo Lobato


El fin de Finisterre. Viaje a Costa da Morte (1991) é un libro con poemas de César Antonio Molina e fotografías de Xurxo Lobato.  Como se indica no prólogo, “É na costa da Morte onde a terra se asoma ao mar dun xeito tan desafiante e tan poderoso que só desde unha perspectiva poética de tinturas en boa parte épicas se podería intentar expresar esta beleza, esta enerxía creadora e destructora, en resumo esta magnificencia natural” . Sen caer na Galicia tópica, folclorizante e tebrista, ámbolos dous retratan espazos, xentes e cousas do mundo mariñeiro e rural pra presentar unha visión complexa, profunda e harmónica.

Déixovos unha selección de fotografías de Lobato e algúns poemiñas de Molina, pero merece a pena botar unha ollada ao libro.







XALLAS

Polas túas augas
ás veces baixa un pensativo afogado
que se lanza desde o cume ata o máis alto.

CABO VILÁN

Todo un exército de alfís
comidos pola túa luz.


NORDESÍA

As miñas cinzas
libres ao fin do teu amor.

Tamén atopades este libro na Biblioteca Pública Municipal Victoriano García Martí.