Showing posts with label Xela Arias. Show all posts
Showing posts with label Xela Arias. Show all posts

Monday, July 1, 2019

The Heart in Poems: Xela Arias (III)



Trouxen augamel para agasallarte e senteime na escada
[á agarda
Non chegabas nunca e cansaba
Cosín cun fío os pensamentos todos e abrir a porta
Saín. Fun por tras de min deixando as pegadas no chan

e se tantas voltas viaxo de nervio aprisionado
se xiro terras e metais lenzos abertos
entrelazados
se escandalizo o interior derroto peixes lubinas
caranguexos

é que teño o corazón de auga derretida desbordando
vasos e piscinas
e veñan as aulas zoando coma corsarios
dos mares da palabra.

Thursday, May 2, 2019

Words in Poems: Xela Arias (II)



(PROBAS)
Ou subir ou parti-las caléndulas agora que estou
metida en ti
ou repta-los desertos sen flora ou chover
agora sen ti
romper auras e amarte collida dos banzos
os brazos da escaleira
e ti sabes

as escaleiras non son mármore
nin no opaco o delirio me manca
sequera as fantasmas irredentas se me asustan
nin sequera

(margaridas amarelas no meu cuarto
agárdanse paxaros aniñados na extensión
máis arriba das palabras hai un ceo de palabras e as
[palabras: non existen)

... en buenos aires doíanme as cris agallopadas
nas albardas
en new york o neón salfería a imaxinación
a imaxe e eu non estiven nunca
nunca en new york ou buenos aires

Tuesday, April 9, 2019

The Heart in Poems: Xela Arias


SE ME ACONSELLO

centro de pallas este corazón esperto
quixo ignora-los devastados
e foi coma con tempo abri-los regatos e 
saíren ouveando as bestas ós camiños
desconsoladas
sen fillos
para logo deitarse na raxeira
cara ó último suspiro das luces
regresarse
e ablanda-los carreiros todos de puntillas

coma un soño e logo un soño imposible
despois un terrorismo de soños
-pero nada, ai-
...¡o meu soño edificado
cada instante que os fentos adormecen
os detalles dos cristais!
"que a realidade te acompañe"
Entón descompoñe-los tránsitos discordes 
e é miña a viaxe
que me recolle 
aínda 
despois de todas derrotas

-inexistentes-