DOR
Foi no amencer
na hora posterior ó abrazo,
cando se inicia o canto dos paxaros
e se redime o aire,
cando o silencio decide regresar do silencio.
Retiña a túa man
e espreitaba un alento
que entrecortaba a vida,
a memoria, o futuro fugaz
sen a memoria túa.
Marchabas en sombra pola sombra
e no regreso imposible
xermolaba un eco, unha dúbida,
unha pregunta que asoma e esconde,
¿Cal é a extensión da ausencia,
da perda,
da orfandade?
14 de abril de 2002
En Mar de Lira (2005)
No comments:
Post a Comment