Saturday, January 18, 2020

Words in Poems: Francisco X. Fernández Naval (V)




TRADICIÓN

Había aquí
un pousse de deserto ou de fronteira,
un eco extremo de días
que foi estirpe,
que quixo ser semente.

Aquí
a lentura
facía medrar as cousas
cando non eran cousas,
reproducía o berro
cando só era regatta,
cana de timón,
rincho de égua ou naufragar sen voz
da madrugada.

Pero hoxe
todo semella un rebulir de axóuxeres,
as lembranças semellan codias
baixo o pó, croas ignoradas
baixo a estéril menstruación dos séculos.
Agora hai quen arrisca a vivir
nun aire sen palabras.

En  Mar de Lira (2005)

No comments:

Post a Comment