OS OITO VENTOS
[...] Cando os merlos se desprendan
como bágoas afiadas
cara ao abismo da vileza
e a fiúza reúna os oito ventos
nun só berro,
que as palabras medren
como a mostaza
no ángulo máis apartado do verso
e esgoten
o alento da luz
nunha infinda promesa silenciosa…
No comments:
Post a Comment