Monday, February 13, 2023

Luns musicais (I): Oniria

Luns musicais (#DillunsMusicals #LunsMusicais #AstelehenMusikalak #LunesMusicales) é unha proposta que parte da amiga Sonia Vecino para comezar a semana con bo pé compartindo músicas de interese e entrelazando a letra cun texto propio.

A iniciativa comezou este mes de febreiro coa idea de que máis xente se anime a participar nas redes sociais cos  luns sonoros para abrir a semana e con escrita poética en todas as linguas para pechala, cos venres de versos (#VenresDeVersos #DivendresDeVersos #BertsoakOstiralean #ViernesDeVersos).

Entre as dúas ideas (complementarias), tanto ela coma min acabamos recuperando os nosos blogs Hora veintiseven e  eu este de Palabras da man ao corazón, o que nos permite facer un exercicio escrito de maneira regular coa motivación de que hai polo menos outra persoa facendo o mesmo de par túa.


Lontreira

ONIRIA



Ás veces, para soportar a vida, sóñome subindo polas escadas de Oniria, por ver se así, 
naufragando no sono, sinto en min o mesmo vento que corre levando os restos pretos que morren. 

O zunido é forte e apreto a orella contra a almofada de ruínas. 

Camiño cara o horizonte de fracasos e, por fin, poño a durmir a alma,
baixando polas escadas de Oniria, sabendo ben o que non debía saber.

Tanto vivir na luz, pero sen a esencia da escuridade... a ver quen durme.

(Grazas, Nacho Rodiño, pola descuberta!)


No comments:

Post a Comment