Monday, April 3, 2023

Luns Musicais (V): Nombrar es imposible

Silvia Pérez Cruz

 Nombrar es imposible

Quise hacer una canción que hablara de las ventajas y limitaciones de la palabra 

(Silvia Pérez Cruz)


Pero cada vez que hablamos algo queda fuera de los nombres

Cada palabra omite la única parte única de aquello que quiere decir

Nombrar es olvidar

Y hoy quiero recordar

que nombrar es imposible.


Nomear para facer propio, apegarse, construír unha ligazón. 

Proxecto a tenrura pronunciando o teu nome e convírteste nun ser único. Un pouco meu, porque te chamo así, con esa illa, esa letra exclusiva, con ese alcume que ninguén empregou xamais. 

Falado na miña voz, no meu timbre, coa miña melodía, es ti pero es tamén a túa versión luminosa, a través da peneira dos meus ollos. Noméote e con ese gatillo, deixas de ser parte da multitude para convertirte en heroe dos días, en peza dunha historia de protagonistas compartidos.

Vous n'êtes pas du tout semblables à ma rose, vous n'êtes rien encore, leur dit-il. Personne ne vous a apprivoisé et vous n'avez apprivoisé personne. Vous êtes comme était mon renard. Ce n'était qu'un renard semblable à cent mille autres. Mais j'en ai fait mon ami, et il est maintenant unique au monde.

Antoine de Saint Exupery, Le Petit Prince

Non preguntes pola rosa. Non a vou nomear porque perdería frescura. Preciso nomear. Preciso estrutura porque Yo quiero la palabra pa ordenarme, pa agarrarme, pa compartir, para sanar, pa no olvidarme

Yo quisiera cantar para reencontrarme

Yo quisiera cantar para curarme

No mundo das palabras, os nomes ocupan pedestais. Suxeitan o espazo. Colisionan, pugnan por achegarse a ti, por domesticar o que es e, entón, dominan todo, acaparan o significado. 

Pero No se necesita la palabra pa decirte, basta con conxurar o teu tacto, fitar nos teus ollos ou recuperar as outras palabras, aquelas dun dicionario que é só teu e que me gustaría que, algún día, chegase a ser tamén algo meu.



Nombrar es imposible

Y puede ser bello intentar lo imposible.

No comments:

Post a Comment