Quizais dentro dunha ou dúas xeracións (e probablemente nas futuras), unha carta de papel será un raro artefacto do pasado lonxano, coma a escrita cuneiforme ou os xeroglifos pintados nun papiro.
Para os historiadores, escritores e investigadores de todo tipo, as cartas son un tesouro, un conduto directo sen adulterar para coñecer como alguén (case sempre alguén que nunca coñeceremos porque está morto/a) e vislumbrar a súa forma de pensar.
Alén deste valor histórico, está o valor sentimental. Persoalmente, teño un feixiño pequeno de cartas persoais, especiais, que gardo con cariño porque foron (e continúan a ser) os unicornios da miña vida.

E ti? Cal foi a carta máis importante que recibiches na túa vida? Aquí vos queda este vídeo onde varios/as poetas Randall Mann, Marilyn Hacker, D. Nurkse, Matt Rasmussen, Patricia Smith, e Brenda Hillman comentan a carta máis importante que recibiron.
No comments:
Post a Comment