Monday, July 31, 2017

Words in Poems: Ismael Ramos







Tamén o amor se equivoca, mesmo se ten que ver co
sangue. Non escollemos a forma do paxaro, si a súa 
traxectoria.
Queres a teu pai? Se dis que si, eu créote. Se dis que non,
eu créole.
Os días previos decidimos sobre os festivos e as súas cores.
Decidimos as palabras. Túa irmá chama por teléfono e
sorrís preto da ventá.
Queres a teu pai? Hai homes que merecen o ceo.
Imaxina que cada vez que volve o teu corpo regresa
a como el o recorda. Esa é a dor das plumas.
Dime, queres a teu pai?

En Os fillos da fame (2016)

No comments:

Post a Comment