Friday, December 1, 2017

Hands in Poems: Lois Pérez



O BAILE DA NOITE

Sinto que hai unha salvación
onda a illa dos nosos ollos
somos dous bonecos de trapo

sorrimos case sen pensalo
ti esvaras polo meu interior
es unha mansa invasión eléctrica

podo sentilo e ti podes sentilo
levas dentro a loucura e as promesas

tráfico de luces no gramófono enfebrecido
misterio e desexo son varelas da noite

Sinto que hai unha salvación
achégaste a min ti eléctrico espellismo
a paixón refulxe agora coma nun ceo sen esquinas

Colles a miña man e eu collo a túa
ninguén máis ca nós sabe o segredo

As nosas sombras bailan contra a perfidia
o tempo nunca deixa de correr
namorado furacán rei das apostas

sinto que hai unha salvación
silencios tecidos de catedral e desexo
no desprezo das dores que cargamos
somos amantes malditos
oferentes foraxidos no brillo do escuro

sinto que hai unha salvación
e os teus pés non deixan de bailar
xuntos faremos a nosa historia.

En Long Play (2017)

No comments:

Post a Comment