Esta parada na capital francesa non só é para coimetrófilos, pois disque Père Lachaise é dos camposantos máis visitados do mundo. Abriu no 1804, leva o nome do confesor de
Luís XIV (
Père François d'Aix de la Chaise, 1624-1709) e ten arredor dunhas 70.000 tumbas nun xardín que ocupa unhas 44 hectáreas. Podedes botar un par de horiñas alí, e recoméndovos mercar un mapa no quiosco que hai no
Bd de Ménilmontant para non perderse entre tanto
boulevard.
Hai mausoleos enormes decorados con estatuas espectaculares de anxos e escenas de pranto ou desconsolo extremo por unha banda, e por outra tumbas máis modernistas, outras humildes, ou kitsch ou mesmo tecnolóxicas (buscade a do código QR nas fotografías que seguen).
Entre criptas e árbores inmensas, unha rede de camiños adoquinados que parecen absorber os ruídos da cidade. Só se escoitan os nosos pasos e os da morte.
 |
Tumba de Jim Morrison, cun epitafio en grego “Κατά τον δαίμονα εαυτού” que nos recorda que viviu fiel ao seu espírito libre |
 |
A tumba de Morrison é das máis visitadas do cemiterio |
 |
Os/as fans deixan as súas homenaxes en forma de palabras ou chicles mastigados |
 |
A insólita tumba 2.0. Para saber máis, preme aquí |
 |
Outro detalle da tumba 2.0 |
No comments:
Post a Comment