Na Toscana
A beleza urxente salva ao mundo adormentado
cando as pombas naufragan nun océano de vermes
cando non hai canción posíbel na néboa fría
e as toupas estremecen
soterradas na neve
o carbón as lareiras frialdade dos canizos
figuración do marbre
do gneis máis pulido
persistencia do azogue
precisas esculturas no terror dos espellos,
universo distante despegado inocente
nun vacío subtil onde nada se encarna
recobrar as palabras coa urxencia das formigas
gorentar entre a lama
saibo acedo dos beizos
porque os seres felices
non gardan conta dos estragos
e as hedras non coñecen a memoria do olvido.
Firenze, 1987
Criptografías (2009)
No comments:
Post a Comment