Thursday, December 7, 2017

Letters in Poems: Adão Cruz (V)


Abri a tua carta

Abri a carta como uma criança abre uma prenda

Quem sabe se o poema foi escrito para ti

Quem sabe se o poema foi feito para ti

Quem sabe se o poema nasceu porque tu existes

A poesia não tem destino não tem principio nem fim voa
errante como a borboleta e poisa na flor apetecida

Tu és uma mulher que perturba não só pela tua beleza
mas também pola loucura e por caberes tão bem
dentro de um verso

Por iso eu não sei se o poema foi escrito para ti ou se tu
foste escrita para o poema

Wednesday, December 6, 2017

Words in Books: Long Play

PLAY
NO DISC
Test for subchannel errors
READ SUBCHANNEL
Retrieve data
REPLACE
REPLACE
Use analog storage medium

LP
Long Play (2017)


PLAYING...

Deslízase a agulla polo acetato e risca na imaxinación do poeta que, "como un mapa da liberdade" (p.99), xoga coa polisemia do LP. A 33 RPM percorremos as estrías da espiral modulada que deambula por sendeiros de terra, muros de cemiterio, praias e lavadoiros. Corrubedo, Celeiro, Terra Chá, Fisterra, a Illa de Arousa, Samoa, Lima, Perú, Malpica, Xove, Muimenta, Folsom Prison. 

Polo suco estándar soan pistas do interior cara o borde, featuring Rolling Stones ou B.B. King con letras de Boris Vian, Camus, Sartre, Neruda ou Harold Bloom. Incítasenos ao baile desde o primeiro verso, "o eléctrico baile dos nosos corpos" (p.15); "(n)o eterno baile do xogo de amor" (p.16), O baile da noite (p.17). Hurricane girl convírtese en Rapaza furacán (pp.32, 33) na mesma CARA A onde sae o Luar e os mariñeiros xogan ao subhastado.

Do son monoaural do alcohol e os amplificadores pasamos ao estereofónico do persoal e o social. A forza de seguimento da agulla segue riscando. Multiversos que se expanden: A soidade, a morte, o amor, a verdade. E o tempo que foxe.

"o tempo nunca deixa de correr 
namorado furacán rei das apostas" 
(p.17)

"O tempo guinda a súa pedra ao vento
e a miña infancia desaparece no mar..." 
(p.21)

"Esvaécese o noso tempo e foxe sen nos decatar
na viaxe absurda ao Infindo deste mundo" 
(p.40)

Ante o paso do tempo, permanece a lingua.

"A miña lingua é unha pipa de nove milímetros
que apunta ao meu corazón
e podo vomitala pola boca
ou cuspila no papel en tons vermellos...
(p.93)

As bandas sonoras ópticas mudan en espectrogramas de palabras luminosas coas que tamén nós podemos xogar ao equívoco. Amar en caso de incendio ou Arder en caso de amor (pp. 35, 36). Ti elixes.

"O amor é un faro de espellos de lume
que aquece os corpos xa cansos de palabras
a sombra do mundo é a nosa propia sombra" 
(p.22)

"Esta é a miña vida
a palabra que non era
onde falta o que sobra
e sobra o que falta
alí nun poema" 
(p.42)

"Busca a palabra e a vertixe
coma unha boa espía namorada..." 
(p.81)

A escrita como exercicio de alta fidelidade para que cada un "encontr[e] a súa canción" (p. 140) nun "país coma un tesouro baleiro" (p. 46).

"Escribo
porque
me
sae
así..."
 (p.19)

"Baixei xusto aquí onde remata o verso"
 (p.20)

"Non hai salvación pola literatura" 
(p.44)

"Busco un poema-río
coa súa corrente salvaxe
e non o encontro..." 
(p.75)

O canon indica que a CARA B debe ir de fóra cara a dentro. Pero Lois Pérez elixe unha gravación anárquica a tres canles: poesía, humor e performance. Cómic, historias, anécdotas, instantáneas, versos con sabor a retrouso e marihuana que non morren na folla. Fillos quizais da cultura oral, cunha retórica apaixoada mais cunha dicción sen arrodeos. Inventiva fresca que prescinde das reviravoltas lingüísticas que buscan impresionar.

"Un poeta pode sobrevivir sen bufanda ou fular.
Nunca sen poesía" 
(p.124)

"Vencémola porque aplicamos A Teoría das Pelotas
que consiste en facer o que nos sae da filosofía" 
(p.136)

A enxeñaría literaria convida ao baile de novo. Inestabilidade e inclinación. O performer da páxina obríganos a xirala, a saír dela, a voltar entrar. Rematan os versos pero prenden noutros e a colección, coma a vida mesma, pode examinarse en termos de intros e fadeouts. Mesmo os poemas que parecen pechados teñen un final aberto, deixándonos coa sensación de que quedan cousas por dicir e que cómpre que nós os rematemos. Igual os ollos xa se nos afixeron á escuridade do pub pero seguimos confusos polo suspenso final, con ganas de darlle a Replay.

"Non subestimen nunca a última páxina
porque aínda non está escrita" 
(p.186)



Upbeat Groove

Now playing: Lois Pérez

PL
Play in Loop

Tuesday, December 5, 2017

Letters in Painting: Jack Vettriano

Heartbreak Hotel (2017) Jack Vettriano
According to the biography on his website, born in Fife (Scotland) in 1951, Jack Vettriano left school at sixteen to become a mining engineer. For his twenty-first birthday, a girlfriend gave him a set of watercolour paints and, from then on, he spent much of his spare time teaching himself to paint.

The painting in question, Heartbreak Hotel shows that a little heart-wrenching despair can go a long way for the creative mind. Vetriano is not alone in this sentiment. Many artists have experienced their greatest strokes of genius after love has been lost: Frida Kahlo painted some of her masterpieces reeling from the discovery of an unfaithful husband, and Claude Monet was able to capture the death of his beloved wife on canvas.

In this painting we feel the contained pain that runs through the man's body and pierces part of his soul. We find ourselves staring at the cigarette smoke, gasping for fresh air, hoping to see an escape exit. Maybe this pain is not physical and lives only in his psyche, but emotions collide to create what I consider an extraordinary piece. Melancholy, solitude, passion, and the excruciating pain caused by heartbreak. What are the contents of that letter that is about to slip from his hand? Is he mourning the loss of a beloved one? Is he heartbroken? Was he betrayed? Or did he break somebody's heart? The pain is certainly the same, but Vetriano has conveyed the disillusionment and sorrow of a broken heart and the dogged determination to move on and embrace life. The letter may drop to the floor, but his eyes will keep on staring and his fingers holding on to the cigarette.

Monday, December 4, 2017

Hands in Poems: Gabriela Mistral (II)



La memoria divina

A Elsa Fano

Si me dais una estrella,
y me la abandonáis, desnuda ella
entre la mano, no sabré cerrarla
por defender mi nacida alegría.
Yo vengo de una tierra 
donde no se perdía.

Si me encontráis la gruta 
maravillosa, que como una fruta
tiene entraña purpúrea y dorada,
no cerraré la gruta,
ni a la serpiente ni a la luz del día,
que vengo de una tierra
donde no se perdía.

Si vasos me alargaseis,
de cinamomo y sándalo, capaces
de aromar las raíces cuando yerra,
a cualquier playa los confiaría,
que vengo de una tierra
en que no se perdía.

Tuve la estrella viva en mi regazo,
y entera ardí como un tendido ocaso.
Tuve también la gruta en que pendía
el sol, y donde no acababa el día.
Y no supe guardarlos,
ni entendía que oprimirlos era amarlos.
Dormí tranquila sobre su hermosura
y sin temblor bebía en su dulzura.

Y los perdí, sin grito de agonía,
que vengo de una tierra
en donde el alma eterna no perdía.

En Tala/Lagar (2005)





Sunday, December 3, 2017

Hands in Poems: Erri De Luca (IV)


Traducción de Fernando Valverde con la colaboración de Eden Tosi


LE MANI
Guardo a una donna le mani per vedere se volano come
l’ala di un pipistrello in Africa una sera
di fame nelle viscere e sudore nel cuore,
fresca fulminea in faccia la carezza,
la più perfetta delle ricevute.
Non ero in tempo a provare ribrezzo
né a rispondere grazie,
schiaffo di seta al volo sullo zigomo,
un affetto sbadato di natura.
Guardo a una donna le mani per vedere se volano come.

LAS MANOS
Miro las manos de una mujer para ver si vuelan como
el ala de un murciélago en África una tarde
de hambre en las vísceras y sudor en el corazón,
fresca y fulminante en la cara la caricia,
el más perfecto de los recibos.
No era tiempo de probar la repugnancia
ni de responder gracias,
bofetada de seda al vuelo sobre el pómulo,
un cariño distraído por la naturaleza.

Miro las manos de una mujer para ver si vuelan como.



Saturday, December 2, 2017

Made With Your Hands: Maker Faire (II)

Xa o ano pasado vos falaramos da Maker Faire Galicia (nesta entrada), unha celebración do  "movemento maker" que enfatiza o emprego de hardware libre e actividades orientadas á enxeñería coma a electrónica, a robótica ou a impresión 3D, así como as súas interseccións coa metalurxia, a caligrafía, cinematografía e programación. A cultura maker céntrase na aprendizaxe activa (aprender facendo), social e informal e, neste senso, aproveita as posibilidades que ofrece a rede para compartir ideas, espallar inspiración e formar comunidades.

Este ano, o evento tivo lugar na Cidade da Cultura do 24 ao 26 de novembro, e de novo foi unha oportunidade de ver o que se está a facer no mundo maker e de aprender do seu savoir faire.









Unha das charlas máis esperadas foi a de Richard Stallman. Nesta ligazón podedes ler a súa biografía completa, pero basicamente é o pai do sistema operativo  GNU, no que leva traballando desde 1983. É un sistema operativo de software libre e vai unido, segundo Stallman, a un movemento en defensa do software libre en xeral. 

Comezou indo directo aos perigos aos que nos expoñemos co emprego de redes sociais e de mensaxería como Facebook, Instagram ou WhatsApp, o que el chamou "un monstro de moitos tentáculos". Tamén analizou os sitios de distribución que non permiten as descargas de copias ou si o fan pero con software privativo (incluído Youtube).

Falou ademais das licenzas Creative Commons e da importancia de empregalas no material de creación propia que compartimos, en especial da licenza CC BY-SA 3.0 ES. É algo que todos deberíamos ter en conta, especialmente os que divulgamos información na rede (coma nesta bitácora) ou os docentes que creamos material para emprego na aula ou para compartir con outros a través de licenzas de formación, por falar de dous ámbitos cercanos.

Revisou tamén a diferenza que establecemos en castelán entre software libre e software gratuíto, que non se fai en inglés ao empregar o termo free software. Para máis información sobre este aspecto, convídovos a ver o seguinte vídeo:



Despois, Stallman advertiunos sobre produtos e servizos privativos que espían ao usuario, como é o caso de Amazon ("Amazon swindle"), Android (moi diferente de GNU), Über e mesmo AirBnB.


Falounos tamén da importancia do copyleft (un concepto que inventou o propio Stallman, se ben non o termo); e das diferenzas entre o software libre e o código aberto. Stallman invitounos a empregar software libre sobre todo no ámbito educativo, xa que é unha elección política e ética que afirma o dereito a aprender e a compartir o que se aprende con outros.

Para rematar, fixo gala do seu sentido do humor e da súa faceta cómica (que tamén podedes descubrir na súa web, por exemplo as "puns" que ten en español) facendo un xuramento como San IGNUcio, que tamén podedes ler aquí.


Cambiando de espazo, desde Ocionautas propoñían unha "escape room" que tan de moda están agora. Para aqueles/as de vós que non as coñezades, as escape rooms teñen a súa orixe nun xogo de adultos, mais agora levan un tempo adaptándose con fins educativos: caixas pechadas con candados que só se poden abrir despois de descodificar verbos, resolver problemas matemáticos ou enigmas científicos. 

É un exemplo claro de ludificación na aula e un xeito moi ameno de adaptarse ás necesidades dos nosos estudantes, sexa nun ambiente analóxico ou dixital. Son unha forma innovadora de levar á aula a tecnoloxía e o pensamento crítico cun dobre beneficio: o xogo funciona como un elemento altamente motivador; e por outra banda, os elementos colaborativos axudan ao alumnado a desenvolver as súas habilidades sociais.






E para o final gardo o mellor, a que foi a miña parte favorita: A exposición do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra. Presentaban dous proxectos, un de farolas solares e outro de micrófonos direccionais.  




Brenda e Teresa
Brenda e Teresa contáronme como alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato traballaron neste proxecto no cal analizaron como os paneis solares se instalan de forma estándar, co cal non se aproveita toda a enerxía potencial que se podería xenerar. O que fixeron foi estudar as horas de luz de cada país e analizar a inclinación necesaria dos paneis para absorber a maior cantidade de enerxía, e logo eses resultados aplicalos ao deseño dunhas farolas sostibles para as que mesmo diseñaron un manual de instrucción para os instaladores. Brillante!

Sonia, Míriam, Raquel e Carlota

Pola súa banda, Sonia, Míriam, Raquel e Carlota, alumnas de 1º de Bacharelato explicáronme o funcionamento dos micrófonos direccionais, paraboloides de microplástico, poliestireno e fibra de vidro, que estaban feitos algúns deles con impresión 3D. Foi un proxecto no que traballaron o ano pasado na aula de matemáticas.

A verdade, foi unha marabilla. Primeiro, ver a tantas rapazas interesadas nas ciencias; e segundo, escoitar as súas explicacións detalladas, que mostran que non só fixeron as cousas, senón que ven o sentido global do proxecto, estiveron implicadas nel e gozaron da experiencia.

Parabéns, rapazas, polo voso traballo e que os vosos soños académicos en medicina, física e química, etc se vos cumpran. Be the makers of your own dreams!



Friday, December 1, 2017

Hands in Poems: Lois Pérez



O BAILE DA NOITE

Sinto que hai unha salvación
onda a illa dos nosos ollos
somos dous bonecos de trapo

sorrimos case sen pensalo
ti esvaras polo meu interior
es unha mansa invasión eléctrica

podo sentilo e ti podes sentilo
levas dentro a loucura e as promesas

tráfico de luces no gramófono enfebrecido
misterio e desexo son varelas da noite

Sinto que hai unha salvación
achégaste a min ti eléctrico espellismo
a paixón refulxe agora coma nun ceo sen esquinas

Colles a miña man e eu collo a túa
ninguén máis ca nós sabe o segredo

As nosas sombras bailan contra a perfidia
o tempo nunca deixa de correr
namorado furacán rei das apostas

sinto que hai unha salvación
silencios tecidos de catedral e desexo
no desprezo das dores que cargamos
somos amantes malditos
oferentes foraxidos no brillo do escuro

sinto que hai unha salvación
e os teus pés non deixan de bailar
xuntos faremos a nosa historia.

En Long Play (2017)