Exemplo de tarxetiña con algúns posibles agasallos |
Pass the parcel é un xogo británico que tradicionalmente se facía nas festas de cumpreanos consistente en envolver 9 ou 10 capas de regaliños pequenos (normalmente larpeiradas). Os nenos sentábanse nunha roda e cando soaba música andaban derredor pasando o paquetero de man en man ata que paraba a música e o que o tivese na man abría o contido da primeira capa. Así ata chegar ao "núcleo" do paquetiño, que tiña un regaliño de maior valor.
Ben, a nosa proposta é facer unha adaptación deste xogo máis centrado no contido sentimental que físico, xa que as nosas "capas" serán de postais cun pequeno agasallo. O sistema de traballo é semellante o das libretas viaxeiras, indicado no post anterior, temos que buscar os contactos e organizar a cadea de intercambio e o calendario.
Cada profesor estará encargado de mandar 20 paquetiños feitos polos alumnos que conteñan unha postal e un pequeno agasallo. O seguinte centro recibirá os paquetiños e NON os abrirá, senón que cada alumno engadirá unha nova capa con outra postal e outro agasallo. Así sucesivamente, con tantas capas como centros participen. A temática das postais pode estar determinada con antelación (envío 1: presentación; 2: a miña vila; 3: a miña serie favorita, etc) ou pode relacionarse cos contidos temáticos que esteamos a tratar nas nosas aulas.
A diferencia do pass the parcel con respecto ás libretas viaxeiras é que non recibimos o paquetiño orixinal (senón unha das capas sería a nosa!), senón que hai que cruzar eses paquetes.
Cun exemplo vese fácil, imaxinemos que temos estas dúas cadeas de intercambio:
GRUPO 1
|
GRUPO 2
|
Santiago
|
Noia
|
Gran Canaria
|
Elda
|
Barcelona
|
Mallorca
|
Ourense
|
Zaragoza
|
O único que teriamos que facer unha vez rematado o intercambio é cruzar os paquetiños do Grupo 1 cos do Grupo 2 no último envío.
No comments:
Post a Comment