Saturday, September 19, 2015

Primeiro Encontro Internacional de Postcrossing Galego

O día 16 de abril de 2016 terá lugar na cidade de Ribeira o Primeiro Encontro Internacional de Postcrossing. Este acontecemento ten como obxectivo poñer en contacto a diferentes postcrossers, ou escritores de postais, e participar nunca sesión de escritura colaborativa de postais. Se vos interesa asistir a este tipo de eventos noutros países, podedes consultar o calendario aquí.

Irémosvos informando puntualmente das actividades que terán lugar neste día, pero de adianto sirvan algunhas imaxes da contorna de Ribeira, escenario deste encontro.







Fotografías de Diana Pastoriza



No comments:

Post a Comment