Thursday, November 8, 2018

Words in Poems: Modesto Fraga (V)


Adoecen os días nas noites de penumbra
resoando os teus berros de loitador errante.
Agardando a vitoria, desafiando a loita
ficando na batalla ante o fervor do polo.

Adoecen as noites nos penumbrosos días
esgotándose o tempo na loita aletargada.
Levas no sufrimento a espada da coraxe,
a mesma, a mesma espada, que enfunda os nosos cintos.

Levas tamén as bágoas, alén dos nosos medos,
crebas o alento infame das aves asasinas.
Andas por entre os cómaros, coma quen agarda
lecer. Coma quen confía. Coma quen andando
debuxa palabras no ar, verbas libertadoras
epitafios e utopías, pero sempre erguido.

Mar de ausencias (2009) 

No comments:

Post a Comment