O PASADO:
Aló por agosto do 53, Ferranti Mark estaba pechado nun cuarto da universidade de Manchester escribindo cartas de amor con maquinal frialdade. Todas seguían o mesmo patrón: "Ti es o meu (adxectivo) (nome). O meu / a miña (adxectivo) (nome) (adverbio) (verbo) o teu / a túa (adxectivo) (nome)". Todas ían asinadas coas mesmas iniciais "M.U.C", pero todas eran diferentes. Ferranti Mark era un ordenador, o Manchester University Computer, e detrás del estaba Christopher Strachey, un programador pioneiro ao que se lle ocorreu coller setenta palabras do Thesaurus de Roget para que se combinasen de xeito explosivo en cen mil millóns de cartas diferentes. Calquera namorado/a ou sedutor/a podía coller o programa e experimentar cambras nos dedos despois de premer o botón unha e outra vez para atopar unha misiva do seu gusto.
David Link, artista e teórico, quedou fascinado con esta idea de reducir o amor a un proceso combinatorio con elementos recorrentes e pasou seis meses tentando resucitar o algoritmo de Strachey. O resultado? Unha instalación artística, LoveLetters_1.0, que estreou en 2009 e que percorreu medio mundo.
O PRESENTE:
Todas as cartas de amor são
Ridículas.
Não seriam cartas de amor se não fossem
Ridículas.
Também escrevi em meu tempo cartas de amor,
Como as outras,
Ridículas.
As cartas de amor, se há amor,
Têm de ser
Ridículas.
Mas, afinal,
Só as criaturas que nunca escreveram
Cartas de amor
É que são
Ridículas.
Quem me dera no tempo em que escrevia
Sem dar por isso
Cartas de amor
Ridículas.
A verdade é que hoje
As minhas memórias
Dessas cartas de amor
É que são
Ridículas.
(Todas as palavras esdrúxulas,
Como os sentimentos esdrúxulos,
São naturalmente
Ridículas.)
Álvaro de Campos, en Poemas
O FUTURO:
Cause the future is now/ Now I'm disappearing... O futuro xa nolo contaron: Theodore Twombly, home introvertido e solitario érguese cada día para escribir cartas para xente que non ten nin tempo nin habilidades. Namora de OS1, unha intelixencia artificial que acaba sendo a súa compañeira.
No comments:
Post a Comment