El fin de
Finisterre. Viaje a Costa da Morte (1991) é un libro con poemas de César Antonio Molina e fotografías de Xurxo Lobato.
Como se indica no prólogo, “É na
costa da Morte onde a terra se asoma ao mar dun xeito tan desafiante e tan
poderoso que só desde unha perspectiva poética de tinturas en boa parte épicas
se podería intentar expresar esta beleza, esta enerxía creadora e destructora,
en resumo esta magnificencia natural” . Sen caer na Galicia tópica,
folclorizante e tebrista, ámbolos dous retratan espazos, xentes e cousas do
mundo mariñeiro e rural pra presentar unha visión complexa, profunda e
harmónica.
Déixovos unha selección de fotografías de Lobato e algúns poemiñas de Molina, pero merece a pena botar unha ollada ao libro.
XALLAS
Polas túas augas
ás veces baixa un pensativo afogado
que se lanza desde o cume ata o máis alto.
CABO VILÁN
Todo un exército de alfís
comidos pola túa luz.
NORDESÍA
As miñas cinzas
libres ao fin do teu amor.
Tamén atopades este libro na Biblioteca Pública Municipal Victoriano García Martí.
No comments:
Post a Comment