Tuesday, July 31, 2018

Letters in the News: Finding Love Letters


Dúas noticias recentes que me teñen fascinada. Ambas relacionadas coa descuberta de cartas que estaban dalgún xeito agochadas.

A primeira do Daily Mail, que nos relata o descubrimento accidental dunha galesa, Sarah Quic, dunha morea de cartas de amor que datan dos anos 40-50. Os documentos pertencían a Rena e John, unha parella que tivo que estar separada mentres el servía na RAF. Sarah puxo unha entrada no Facebook buscando información e finalmente atopou á parella e vailles entregar as cartas e coñecelos en persoa. 

É curioso porque Sarah indica que as cartas lle mostraron "unha fotografía dunha era na que o amor e a comunicación eran moito máis fáciles". Quéixase de que nunca recibiu unha carta da súa parella e indica que van preparar xuntos unha "caixa da memoria" para que os seguintes habitantes da casa a atopen.

A segunda é esta noticia de El País. A descuberta, neste caso, foi de Patricia Marín. No 2007, cando acabou os seus estudos de Filoloxía, andaba a recopilar información para a súa tese doutoral sobre as relacións de Cervantes con políticos e intelectuais do seu tempo. Viaxou a Italia para investigar o arquivo da familia Colonna, xa que Ascanio Colonna foi o primeiro mecenas do escritor, de feito dedicoulle La Galatea

Alá foi ás montañas do Lacio, ao mosteiro bieito de Santa Escolástica. Atopou 20.000 cartas, das cales 500 estaban catalogadas aparte, escritas en español e firmadas con pseudónimos de muller. Agora, cunha beca Leonardo, vai afondar no contido dunhas cartas da esfera máis íntima, remexer sentimentos máis xenuínos e persoais, buscar selfies, guechos de cabelo e outros presentes que lle enviaron ao cardeal.

Para saber máis sobre se conservar ou non as cartas (de amor), convídote a ler esta entrada.

No comments:

Post a Comment