Saturday, February 4, 2017

Hands in Poems: Rafa Villar (V)



case cegas as mans 
apuro a urxencia da mañá
nas rúas que se despreguizan

os xornais acoden a min
con aceno gastado e frialdade
como cuspindo

e co primeiro café
procuro unha complicidade absurda
que me envolva

aínda vomito restos de ausencia
inoportunamente

aínda arrinco raíces ao mencer


en Migracións (2008)

No comments:

Post a Comment