Moitísimas grazas, Miro Villar, por compartir este interesantísimo artigo da web Galiciaé escrito por Ramón Rozas, que analiza a correspondencia entre dous xigantes literarios americanos, Herman Melville e Nathaniel Hawthorne e que reproduzo na súa totalidade.
Carta de Melville a Hawthorne (fonte: Wikimedia Commons) |
APENAS DEZ quilómetros separaban as granxas nas que vivían Herman
Melville e Nathaniel Hawthorne. Dous dos grandes novelistas
norteamericanos do XIX reúnense aquí mediante a correspondencia,
maioritariamente dirixida polo primeiro ao segundo, na que se reflicte o
respecto que Melville tiña por Hawthorne, a búsqueda de solucións á súa
narrativa e o desexo de ter un interlocutor que o acompañase na súa
travesía literaria. O exitoso autor de La letra escarlata
fronte ao meritorio que traballaba na historia dunha balea. O autor
puritano e cheo daquel espírito da Nova Inglaterra na que xerminaba a
nova América, mentres que Melville era o home das aventuras, o mozo que
percorrera embarcado moitos dos mares que logo foron inspiración. Entre
ambos quince anos de diferenza.
As cartas foron escritas entre 1851 e 1852, un momento clave da literatura norteamericana. Washington Irving, Poe, Thoreau, Whitman ou Emily Dickinson compoñían aquela estampa da escrita que na novela arrincaba cos nosos protagonistas epistolares. Ambos coñecéronse en 1850 nunha excursión a Monument Mountain na que coincidiron ao refuxiarse dunha tormenta. Falan durante horas e amósanse cómplices según testimonios daquel primeiro encontro. Melville deixa Nova Iorque e múdase a unha granxa tranquila preto da que tiña Hawthorne e na que escribira La letra escarlata ou La casa de los siete tejados. Ambos pasaron moitas horas sentados á carón do lume falando de experiencias e proxectos. Melville recuperaba as súas fazañas mariñeiras, mentras Hawthorne facíao da eternidade e dos editores, que semellan ser para o escritor terreos adxacentes. Melville tiña o vil hábito, nas súas propias palabras de destruir a correspondencia que lle chegaba unha vez lida, é por iso que esas dez cartas son como unha especie de tesouro, un cofre cheo de palabras reveladoras e de luz onde tantas veces nos atopamos escuridade, como a que xorde das complexas personalidades de ambos. Nese fin das cartas agóchase un enfriamento da súa amizade, ata hai quen o vencella a unha relación homosexual entre ambos que, no caso de Melville, hai tamén quen atopa nas relacións homoeróticas de varios protagonistas da súas novelas. Nese mesmo ano Melville atópase coa falla de receptividade, tanto pola crítica como polo público da súa gran novela, e unha das cimas da literatura, Moby Dick, que fora publicada un ano antes co título de A balea.

As cartas deixan a evidencia da admiración de Melville por Hawthorne,
un entusiasmo que semellaba non verse correspondido de todo, aínda que
Hawthorne alabou Moby Dick, pero parecía manter sempre unha certa frialdade co autor de Bartleby, el escribiente
o que se reflicte nas tres derradeiras cartas nas que Melville lle
ofrece unha historia real como posible argumento para unha novela, as cartas Agatha,
nas que se relata a historia dunha muller que rescata do mar a un
mariñeiro que tras casarse con ela desaparece e regresa dezaseis anos
despois. As cartas permiten entender o que lle preocupaba a Melville
nunha historia: a elección do tema, o que cada personaxe podía achegar
ao relato ou a construción da súa estrutura.
Pecha esta edición de poucas páxinas —valentemente traducidas por Carlos Bueno— pero cheas de intensidade, tres cartas dirixidas por Melville ao seus dous fillos nas que escribe, dende as súas viaxes polo Océano Pacífico, cruzando o Cabo de Hornos e vivindo diferentes situacións a bordo dun barco que reflicten outras viaxes feitas de mozo, cando aquelas travesías servíronlle para artellar un dos relatos máis famosos da historia da literatura, a historia da balea branca.
Escritas sen máis intencións que as de ter un desabafo cun colega, estas letras son feridas abertas ante as teimas dun escritor, tamén ante situacións da vida que moitas veces derivaban en relatos, en argumentos que deixaban de ser anécdota para converterse en algo lexendario. Cartas cheas de vida que sucaron os mares de dous océanos da literatura: Herman Melville e Nathaniel Hawthorne.

You can read Herman Melville's letters to Nathaniel Hawthorne (the few that have survived) here.
No comments:
Post a Comment