Os roteiros literarios teñen un especial atractivo. A India, Italia, Estados Unidos - seguro que todos viaxamos polo mundo nalgún momento buscando os mundos cativadores dos nosos textos favoritos. Algúns arrebólante nas profundidades da xungla africana, outros no medio do vasto océano. Moitas veces son as palabras as que acenden o desexo de ver eses mundos na realidade. Outras veces, o efecto é o contrario, e as localizacións físicas lévante a buscar as miradas ficcionais ou non dos que por alí pasaron.
O pasado día 29 de abril tivemos a oportunidade de facer un roteiro literario pola cidade de Mondoñedo guiados por Armando Requeixo. Foi unha oportunidade de falar de textos moi de noso de autores como Álvaro Cunqueiro, Manuel Leiras Pulpeiro, Antonio Noriega Varela, Eduardo Lence ou Pascual Veiga Iglesias.
O roteiro merece moito a pena, así como a visita a Mondoñedo, lugar igualmente rico en patrimonio artístico como en fermosísimas paraxes naturais. Eses aspectos descubrirédelos na vosa propia visita, porén, o que aquí vos deixo é unha visión fotográfica do seu cemiterio, digno tamén de visitar, e non só polo especial das tumbas dos persoeiros que alí xacen, senón tamén polas magníficas vistas e o encanto xeral do lugar.
Otro epitafio
Una mala noche
la tiene cualquiera
y cien, y doscientas
y doscientos días,
y un año, y ochenta.
Una mala vida
No comments:
Post a Comment