Saturday, October 13, 2018

Epitaphs (XXIV): Posthumous Letters in Edinburgh (I) Dean Cemetery




Dean Cemetery foi un descubrimento azaroso e sorprendente. Aberto no 1846, é un lugar ideal para repasar a historia da cidade, xa que aquí se dan cita avogados, filósofos, artistas, académicos ou veteranos de guerra de campañas na India ou en África. 

Atopamos neste camposanto a David Octavius Hill, pintor e pioneiro da fotografía; ou a tres membros dos "Colourists"(JD Ferguson, Samuel Bough e Francis Cadell), un grupo de artistas escoceses que lle prenderon un par de faíscas ao mundo artístico aló polos inicios do século XX.

Tamén está a historia do Lt John Irving, que foi enterrado aquí 30 anos despois da súa desaparición na fatídica expedición Franklin ao Paso do Noroeste. Non moi lonxe del está a tumba de Robert Anstruther Goodsir, explorador do Ártico que morreu en 1895 tentando atopar aos homes de Franklin.

E por último, a historia curiosa de Joseph Bell, doutor e profesor, perspicaz ata o punto de diagnosticar a un paciente antes de que abrise a boca. Foi mestre de Arthur Conan Doyle e moitos din que  Bell, a súa sagacidade e dominio do método analítico, foron a verdadeira fonte de inspiración para o personaxe de Sherlock Holmes, unha historia na que se afonda no Surgeon’s Hall Museum.



















Hay quienes olvidan las durezas de la vida
-sus clichés, sus bloqueos, sus embargos-
y deciden asfixiar sus miedos con una soga
elusiva de seda.

Que lloren los cementerios olvidados
por los indultos del hombre moderno.

No comments:

Post a Comment