posdata 2
recólleme cabo dos teus ollos
e inunda de mares e abrazos o peirao da nostalxia
escoita o fragor que as miñas mans evocan caladamente
e que de ti retén o eco das buguinas
cando asoman entre a a area o seu silencio ocelado
é tempo este de percorrer os arrós
de buscar das árbores a súa sombra esguía
e de rastrexar camiños que non van a ningures
tempo para as carabelas
para luír a tarde en papeis que te lembren
e riscar as horas que lle nacen a este peirao da nostalxia
non o esquezas
e abre en min un río longo de ametista
que baixe serpeando o teu corpo
e desemboque cabo dos teus ollos
en Migracións (2008)
No comments:
Post a Comment