Sunday, June 10, 2018

Libraries (IV): Biblioteca do IES Xelmírez I

En Santiago temos varias bibliotecas dignas de ser visitadas, pero comezarei con ésta que foi a miña descuberta máis recente: A biblioteca do IES Xelmírez I.

A primeira sorpresa é que segue estando no propio centro educativo, compartindo localización e vida coa mocidade e debuxando unha liña que comeza no pasado e avanza canda nós noutro espazo máis moderno e funcional situado na pranta baixa e cheo de versos e citas escritas nas paredes.



A visita guiada por César García Camporro, profesor xubilado do centro,  foinos descubrindo outros segredos da súa historia. Por exemplo, o notable patrimonio bibliográfico que posúe, procedente de diversas fontes. Algúns volumes foron herdados do antigo Instituto de Segunda Enseñanza de Santiago, creado en 1845 cando o centro compartía aulas, profesorado, biblioteca e laboratorios coa Universidade. Outros fondos foron adquisicións propias e finalmente tamén hai volumes que foron doazóns de antigos/as profesores/as. Chama a atención o feito de que se enviaran aquí libros prohibidos ou censurados durante o período da desamortización.





E se a visita sabe a pouco, podemos complementala coa mostra A pegada do coñecemento, na Casa do Cabildo. Comisariada polo propio César García e a restauradora Barca Cereijo, estará aberta ata primeiros de xullo. Reúne os principais fondos da biblioteca, entre eles Las obras de Pvblio Virgilio Maron, (1650); un exemplar de En las orillas del Sar (1884) e varias edicións do Diccionario de la Lengua Española de la Real Academia. Tamén hai láminas murais que se empregaban nas aulas e unha serie de pezas do século XIX como un epidiascopio, vasos e probetas de laboratorio e un globo terráqueo.








Para saber máis:

No comments:

Post a Comment