A MiiC2 (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea) é unha exposición colectiva que podes visitar na Sede Afundación Santiago ata o 10 de marzo. Recolle 19 proxectos ilustrados, 16 individuais e 3 colectivos, pondo o foco nas creacións máis persoais dos artistas en formatos variados (serigrafías, colaxes, cerámicas, videoclips, risografías, creacións dixitais, esculturas ou instalacións conceptuais). Comisariada por Matilde Rodríguez, a exposición recolle máis de 200 pezas de artistas coma Lara Lars, María Hesse, Christoph Niemann, Iria do Castelo ou Bea Lema.
O debuxo e a cor son o fío condutor desta viaxe visual multicapa inspirada polas anécdotas cotiás, os sentimentos, a crítica social ou o lado escuro, aderezados cos toques líricos dos paxariños, a lúa ou o mar. Unha viaxe fútil comas as caixas de medicamentos que serven de soporte a Sara Landeta e fráxil coma os bosques de Iria Fafián. Pero as pegadas quedan aí testemuñas da experiencia de coller o fío do coitelo e separar con coidado o o límite entre o pesimismo e o deleite de estar viva.
No comments:
Post a Comment