Axente corrente é un proxecto de Agasalle contidos (Tino Fuentes & Fer de Castro) que inclúe un libro e un CD con cancións (Xoglares).
A seguridade viaria é o tema central subxacente dunha fábula moralizadora que parodia as condutas irresponsables que temos ao volante ou pola rúa. Combina imaxes de vídeo e imaxes reais con un texto breve, contido e moi evocativo para crear un libro pracenteiro e divertido.
"O galo Mirindolo conduce coma un tolo polo medio do curral..."
"- E logo, axente, de que me quere acusar?- De condición temeraria e unha tortilla case provocar"
"E así foi como Mirindolo, por traste,viu como ao seu coche o levaba o guindastre"
O mesmo ocorre coa música, que nos recorda as infraccións que cometemos a diario e que nos van provocar máis de un suspiro de resignación -se non algún que outro reproche ou dedo acusador - porque a fin de contas, confesémolo, #todossomosMirindolo.
"Papá, mamá tedes que aprender os números de novo... ese pon 50, ibas a 70"
"Parece que teño superpoderes cando estou cerca dun paso de peóns, pois os coches que están circulando frenan ao meu carón"
No comments:
Post a Comment