O Penedo da Saudade é un parque e miradoiro da cidade de Coímbra, construído em 1849, de onde se avista a parte oriental da cidade ata o rio Mondego, a serra do Roxo e a serra da Lousã. Está moi ligado á cultura coimbrá e á súa academia e divídese en dous espazos: A "Sala dos Cursos" e a "Sala dos Poetas".
Entre a vexetación van xurdindo como cogumelos placas conmemorativas de eventos ligados á vida académica e versos escollidos. Poemas de xuventude ou de senectude con bos augurios ou lamentacións e consellos en retrospectiva. A placa máis antiga deste xardín de tipoloxía romántica data de 1855.
Segundo a lenda, despois da morte de Inês de Castro, Don Pedro adoitaba frecuentar este lugar para chorar a ausencia da súa amada, o que lle acabou dando o nome a esta área. Moitos séculos despois, as connotacións sobrevivido e foi escolhido polos/as estudantes como lugar para os encontros románticos e moitos aseguran que foi tamén o lugar onde naceu o fado de Coímbra, desafiando coas súas notas a eternidade das palabras gravadas na pedra.
Independentemente do que elixamos crer, este promontorio é un lugar de quietude, sosego e melancolía cheo de recantos floridos, fontes e bancos que paga a pena visitar.
No comments:
Post a Comment