Monday, April 2, 2018

Words in Exhibitions: "A arte no cómic"

Natalie Haynes escribía nun artigo da BBC  que os cómics foron pioneiros nalgúns casos no tratamento de temas relacionados coa raza, o xénero e a sexualidade. Esta nova recente sobre a artista francesa "Emma" demostra que continúa sendo así.

O certo é que os cómics, aínda que parecen presentar unha moralidade binaria de bos/boas e malos/as, heroes e viláns, no fondo agochan unha realidade social máis complexa na que a verdade do núcleo se mantén intacta: ás veces cómpre levar unha máscara para mostrar como somos en realidade ao mundo.

Para repasar as achegas do cómic e a súa simbiose con outras artes, nada mellor que achegarse á exposición de Fundación Telefónica titulada "A arte no cómic", que se pode visitar ata o 15 de abril na Sede Afundación de Santiago de Compostela. A mostra recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores/as e autores/as.

Na visita poderedes diferenciar tres grandes ámbitos: a relación entre os centros de arte e o cómic (coleccións do Louvre, o Musèe D'Orsay; o Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou ou o Museo Thyssen-Bornemisza); cómic de autores galegos; e por último unha compilación de obras de pintura que aparecen no cómic.























No comments:

Post a Comment