Friday, April 13, 2018

Letters to Oneself

Escribirse unha carta a ti mesmo/a. A cousa non parece revestir máis complexidade que a de relerte tempo despois e ver o progreso (ou estancamento, aseghún). Pero ten un especial atractivo, senón facede un inquérito entre os/as vosos/as coñecidos/as e veredes cantos atopades que ou ben escriben un diario, ou participaron na preparación dunha cápsula do tempo, ou escriben textos que deixan no medio de libros ou gardan en caixóns.

Co mesmo fin, FutureMe é unha web onde podes escribirte e en 5 anos envíanche o e-mail co texto que redactaches media década antes. É un xeito de asegurarte que o teu desorde ou esquecemento non impidan recibir a "carta".

No blog Pick the Brain dan 5 motivos para escribirte cartas a ti mesmo: cultivar a gratitude, favorecer o autocoñecemento, apreciar o paso do tempo, regalarte un recordo ou crear o teu futuro. Ou ben pode ser que teñamos motivos ulteriores, como o da muller asturiana desta noticia: leva varios anos escribíndose a si mesma para dese xeito ver todos os días ao carteiro, do cal estaba namorada. Nunca se atreveu a falarlle, pero agora que se publicou a información o homiño xa o sabe e algo pasará. Di o implicado: "La verdad es que se me hacía raro que recibiese tantas cartas, pero yo estaba encantado de verla, aunque como no me dirigía la palabra pues no me había animado a piropearla, a partir de ahora cambiará la cosa".

Que se escribiría nesas cartas? Serían unha especie de diario? Deixarallas ler agora? Quen sabe!

Eu, pola miña parte, déixovos con tres opcións de libro-cartas, a proposta que nos fan desde Fabbri Editori para sistematizar este proceso escritura de misivas, ben a un mesmo, ben á persoa amada, ou a un/ha fillo/a. Non custa tanto, son só doce cartas que podemos datar como nós vexamos e logo ir abrindo (se chegamos aló, que dirían os avós) e redescubrirnos.

Lettere a me stesso
"Hai mai immaginato di scrivere alla persona che diventerai? Speranze, sfide, obiettivi e sogni. Dodici lettere, da sigillare oggi e da aprire in futuro, per ricordare da dove sei partito e per capire dove sei arrivato."
Lettere per il mio amore

Lettere per quando sarai grande


No comments:

Post a Comment