Comezamos o roteiro visitando o cemiterio británico construído en 1910 para dar sepultura a maríns británicos. Un espazo modesto e íntimo, case nu a excepción dunha ringleira de lápidas e unha tumba nun dos xardíns laterais. Hai unha ducia de maríns enterrados aquí, 10 deles que morreron afogados. Recibiron tamén sepultura neste camposanto
Alexander Lindsay (cónsul británico en Vigo) e a súa muller; e
Charles Lessner, enxeñeiro de minas e un dos primeiros coidadores do cemiterio, casado con Josefina Porto.
Calveiro contábanos que o xermolo da novela foi a lectura dunha
noticia que mencionaba a Ramón Rebolo, un veciño de Rubiáns que coidou desinteresadamente este espazo durante 50 anos; así como unha das tumbas coa lápida en branco.
O resto do roteiro contextualizounos no equivalente galego dun periodo no que o mundo andaba a voltas coa Revolución Rusa, o Easter Rising, os primeiros voos transoceánicos ou os avances na ciencia atómica. Vilagarcía era entón unha vila de entre 5.000 e 8.000 habitantes que recibía uns 15.000 estranxeiros, maiormente británicos, que paraban na ría de Arousa para as "invernadas".
A fasquía da vila, tal como nola evocou Calveiro, era cosmopolita, moderna, chispeante. Había un constante fluxo de mercadorías, unha praia urbana (desparecida), festas en mansións, balnearios e cafés musicais, mulleres que xogaban a hóckey herba, domingueiros que viñan en tren ver os barcos atracados no porto, e xente de sona que viviu entre as súas xentes, como
Sorolla,
Lorca coa súa La Barraca ou
Alfonso XIII e a súa familia.
Agora, coas referencias do contexto físico, resta o máis importante: mergullarse na ficción para descubrir a historia de Delia e do xardineiro dos ingleses.
 |
Escultura de Ramón Conde, Man con man homenaxe ás homes e mulleres do mar. A plaquiña le: "Todos vamos pasando y el tiempo con nosotros: / Pasa el mar, se despide la rosa, / Pasa la nena por la sombra y por la luz, / y ustedes y nosotros pasamos, pasajeros" El barco, Pablo Neruda, 1959 |
 |
Marcos Calveiro mostrándonos os restos do antigo Teatro de varietés |
 |
Localización da antiga Banca Deza |
 |
Salón García |
 |
Emprazamento onde estaba o balneario |
 |
Peixería preto de onde atracarían dornas e bucetas cando o mar chegaba ata aquí |
 |
Pazo Vista Alegre |
 |
Unha das mansións d'A Comboa: Mansión de Medina de las Torres (coñecida popularmente como Mansión dos duques de Terranova) |
 |
Outra das mansións, a casa da familia González Garra (coñecida como a Casa do Lago) |
Para saber máis:
- Ficha d'O xardineiro dos ingleses (Editorial Galaxia)
- Alfaias, o blog de Marcos Calveiro
- Artigo en Faro de Vigo sobre o roteiro (02/09/2018)
- Artigo en Diario de Arousa sobre o roteiro (30/08/2018)
- Artigo en La Voz de Galicia sobre a posible cesión do British Naval Cemetery ao Concello de Vilagarcía (31/12/2017)
- Artigo en La Voz de Galicia sobre a presentación da novela no Salón García (20/12/2017)
- Vídeo (extracto de Desde Galicia para el mundo) sobre o cemiterio naval de Vilagarcía (19/11/2015)
- A Vilagarcía antiga, web de recuperación e difusión histórica de Vilagarcía de Arousa
No comments:
Post a Comment