Rachan ventos de mar asolagado
onde o crepúsculo concibe a aurora,
por onde as ondas baten sen demora
o corazón do verde acantilado.
Érguense dende o mar até o azulado
eco as frías ondas, mansas noutrora,
ondas salvajes ondas arestora
berce do mariñeiro malogrado.
Rachan sinuosas áreas de arborada
amorgallando as noites de sosego
nos areais, nas dunas e nas praias.
Érgome da xanela en que navego:
"non me esquezas, amigo, non te vaias..."
harmonizaba o son dunha balada.
onde o crepúsculo concibe a aurora,
por onde as ondas baten sen demora
o corazón do verde acantilado.
Érguense dende o mar até o azulado
eco as frías ondas, mansas noutrora,
ondas salvajes ondas arestora
berce do mariñeiro malogrado.
Rachan sinuosas áreas de arborada
amorgallando as noites de sosego
nos areais, nas dunas e nas praias.
Érgome da xanela en que navego:
"non me esquezas, amigo, non te vaias..."
harmonizaba o son dunha balada.
Mar de ausencias (2009)
No comments:
Post a Comment