Monday, September 10, 2018

Letters: Message in a Bottle


Onte publicábase no Faro de Vigo esta noticia sobre dous homes que atoparon en marzo n'A Illa de Arousa unha mensaxe nunha botella. Unha carta, un dólar e un cupón da lotería NJ Lottery para o 5 de xullo de 2016 que mandou desde New Jersey un tal David Kembell.

En Contos mariños de Carballo, Xabier Maceiras fala doutro caso en que Noelia, unha rapaza de Carballo, atopou na praia de Razo unha carta íntima dunha muller chamada Katie.

E vós, xa mandastes a vosa mensaxe?

No comments:

Post a Comment