Wednesday, December 7, 2016

Letters in Poems: Mahmud Darwix


Carta dende o exilio

محمود درويش

(tradución de Moncho Iglesias e Samar Sabat)

1

Un saúdo... e un bico
e non teño máis que dicir.
Por onde empezo? ... E por onde remato?
E a roda do tempo non ten límite.
E todo o que teño no meu desamparo
é un zurrón, unha codia de pan seco e paixón
e un caderno que leva algo de min.
Cuspín nas súas páxinas o odio insoportable.
Por onde empezo?
E todo o que se dixo e se vaia dicir despois de mañá
non remata cun abrazo... nin cun apertón de mans.
Non volve a casa o estranxeiro.
Non chove.
Non crecen as plumas nas 
ás dun pasado perdido... esnaquizado
Por onde empezo?
Un saúdo... e un bico... e daquela...

En بطاقة هوية (Carné de identidade) (2012)

No comments:

Post a Comment