longa lingua
enfiadas na memoria
as palabras desamalloan xeografías
e son coma nubes pasaxeiras dacabalo do vento
palabras vertidas
nos cantís dun tempo estraño
que nos esgazan
sabe que a miña
é unha lingua de fiestras case baleiras
á que migran paxaros invisíbeis
lingua que a historia
houbo de calcinar
nas bocas futuras
pero que alumea
aínda media derretida
a nosa casa miúda
en Migracións (2008)
No comments:
Post a Comment