Thursday, January 4, 2018

Letters in Poems: Pura Tejelo (III)



A elegancia do século

Tras os cristais escuros do vertedoiro iluminado pola xanela
onde escorría a louza branca e ben disposta,
a xentil figueira negra que sombreaba o patín da casa,
protexendo a conversa amable de antaño,
falou-se doutra invernia pasada.

Lembrou a casa feita sobre a terra da guerra
as cartas que se escribían ao ditado: 
"Querido cuñado, querido amigo e prezado...
saberás por esta que estou viva..."

Os tellados en vértice abrigábanse de figos secos que
        /pingaban
apertando coa súa carne o tempo de espera.
De alá chegaban cartas dos altos edificios de Correos
a foto do gabán co sombreiro aberto ao novo andar.

A elegancia do século
un periódico baixo o brazo nunha lingua distinta
alongando o paso pola ancha avenida que fala do triunfo.

Ela premeu coas dúas mans
a bandera das festas chea de rosquillas de anís.
Aireou o fino van apertado na aba
e berrou polos fillos cativos
para sandar co seu agarimo o dos ausentes.


No comments:

Post a Comment