Escoitaron falar algunha vez do caligraffiti? Para min é unha descuberta recente, grazas a Marga Santiago (grazas, Marga!). Pero xa non é cousa nova: todo comezou hai dez anos coa exposición de Niels "Shoe" Meulman, un grafiteiro holandés que acuñou o termo caligraffiti.
O caligraffiti é, como o o seu nome indica, unha combinación de caligrafía e graffiti. Aúna a parte tradicional das pinceladas xaponesas, a arte decorativa da caligrafía árabe ou os manuscritos iluminados medievais co máis moderno entorno metropolitano do graffiti. Desenvolveuse e perfeccionouse na cidade de New York e é hoxe en día un fenómeno mundial.
"Shoe" é a referencia para a maioría dos *caligrafiteiros, sobre todo no tocante ás técnicas e materiais, así como á busca de novos espazos de difusión para a caligrafía. El nomeou a 25 embaixadores oficiais do caligraffiti en todo mundo:
Adam Romuald Kłodecki (Alemania). Anaroop Kerketta (India), Clément Kens (Francia), Damien Dee Coureau (Francia), Dimitris Valtas (Grecia), El Seed (Francia), Ghalamdar پ. قلمدار (Irán), Jan Koke (Alemania), Jasper6000 (Holanda), Jonas Sunset (Francia), Karl O'brien (Reino Unido), Kirill Plotnikov (Rusia), Михаил Новожилов (Rusia), 모구라 (South Korea), Natas Gronn (Noruega), Paul Ośmiornica (Polonia), Pokras Lampas (Rusia), Rayna Lo (EEUU), Samy Amar (Francia), Schrift Zug (Alemania), Stanislav Koorapov (Rusia), Sto Uvs (Alemania), Tarek-vincent Lézavu (Francia), Warios Wrs (Italia)
En España só hai un embaixador, e este é Mr Ze.
Fotografía de Mr Zé cun traballo para o Auditorio de Galicia (nov. 2017) |
Na súa páxina web indica de onde nace o seu interese pola caligrafía: "Descubrí el mundo de la caligrafía desde muy pequeño, cuando cayó en mis manos un ejemplar de La Historia Interminable en el que cada capítulo comenzaba con una letra gótica ilustrada. Desde entonces soy un amante de las letras".
E como non adicar unha entrada nesta bitácora a un amante das letras? Botádelle un ollo ás marabillas que crea e dicídeme se sodes capaces de non namorar.
Imaxe de Mr Zé. Romancero Gitano de Lorca, editado por Mil Coeditores e completamente caligrafiado |
Imaxe de Mr Zé. Murcia Street Art Project (muro de KOB e Mr. Zé) |
Para saber (e ver) máis, convídovos a ver os traballos deste artista na súa páxina web.
No comments:
Post a Comment