Friday, December 29, 2017

Letters in Exhibitions: "O legado indiano"

The self-made man. O home que se fai a si mesmo. Un concepto do século XIX para definir a aquel que sae dun contexto de necesidade e despois acada o éxito (case sempre o éxito empresarial). Para os americanos os self-made men por antonomasia son Benjamin Franklin, Abraham Lincoln, George Washington, Henry Wilson, Daniel Webster, Edward Everett, Rufus ChoateThomas Edison, John D. Rockefeller, Andrew Carnegie, Henry Ford ou Ronald Reagan entre outros.

Nós, pola nosa banda, temos a uns personaxes fascinantes, con luces e sombras, pero que adoitamos meter nun só molde: os indianos, eses que van a América, fan fortuna e volven. O caso é que as súas orixes eran ben diversas, amasaron as súas fortunas de xeitos diferentes e non encaixan nun perfil único. Para saber un pouquiño máis, hai unha pequena pero bonita exposición na Biblioteca Pública Ánxel Casal, "O legado indiano". A mostra,  anuncia a web, "nace coa intención de fortalecer o pasado como arma de futuro e de irmandade entre os pobos".

Céntrase na Mariña Lucense, e recolle cartas autógrafas de Eduardo Blanco Amor, postais e documentos orixinais de indianos e empresarios asturianos,  fundadores de El Corte Inglés e Galerías Preciados e tamén do profesor enriquecido en Uruguai, José María Riguera Montero. Podedes ver tamén libros editados en Arxentina, Venezuela ou México, un dos primeiros catálogos industriais modernos de 1918 da fábrica dos irmáns Escourido ou a primeira etiqueta de Estrella Galicia.






No comments:

Post a Comment