Santander, co seu cemiterio de Ciriego, adiantouse a outras cidades creando unha necrópole que cubrise as necesidades da poboación. Ten unha estrutura orixinal, en forma de cruz, que segundo o arquitecto era "emblema de redención cristiá" ao tempo que se prestaba moi ben para a distribución dos ámbitos do cemiterio: capela, osario, sala de autopsias, vivenda do capelán e sepultureiro.
![]()  | 
| Ao fondo vedes o "panteón vela", de tendencia cúbica e liñal | 
O cemiterio de Ciriego está incluído na Ruta Europea de Cemiterios e foi recoñecido pola Organización Mundial do Turismo pola súa innovación, difusión e interpretación do patrimonio europeo.
Desde xaneiro de 2016 dispón dunha aplicación móbil con información sobre o patrimonio artístico e rutas culturais por este espazo. Ademais, hai códigos QR nos 35 monumentos máis destacados para que os/as visitantes poidamos descargar información sobre eles.
![]()  | 
| Monumento homenaxe ás 500 vítimas da explosión do buque "Cabo Machicaco" (1893).  Obra do arquitecto Antonio Susillo.  | 
![]()  | 
| Sepultura de Dolores Villanueva de Acuña, nai da escritora e pensadora Rosario de Acuña, presidida por un poema escrito por Rosario | 
A mi madre, Dolores Villanueva, viuda de Acuña, aquí yacente desde 1905.
Ya estoy contigo, madre; 
nuestras vidas caminaron por sendas diferentes, 
llegando, al fin, cansadas y dolientes,
a dormir en la muerte, confundidas.
Por filial y materno amor unidas, 
queden en paz eterna nuestras mentes, 
cual dos opuestas ramas o corrientes 
de un solo tronco o manantial nacidas.
¡No despertemos nunca, madre amada! 
¡Más sí al mandato del poder divino 
el yo consciente surge de la nada,
uniendo tu destino a mi destino,
 llévame entre tus brazos enlazada 
y sigamos las dos igual camino!
![]()  | 
| Tumba de Augusto Gonzales de Linares | 
![]()  | 
| "La vida es un cuento narrado por un idiota con grandes alardes y sin sentido alguno" (W. Shakespeare) | 
![]()  | 
| "Amó el bien y logró practicarlo. No hizo mal a nadie. Murió joven de corazón" | 
Ciriego: O cemiterio que garda memorias de pedra e veludo.





































No comments:
Post a Comment