Monday, March 12, 2018

Realm of Books (II): Librería Gil


Grazas a un artigo da Jot Down, descubrín a Librería Gil en Santander. Forma parte de "Librerías con Huella", xunto coa Oletvm en Valladolid, Librería Luces en Málaga e Librería Cervantes en Oviedo. Esta iniciativa permítelles conectar e ampliar o catálogo, prestar con rapidez libros entre si e financiar proxectos.

A libraría leva uns 51 anos de andadura e hoxe en día ten catro puntos de venta na cidade. No artigo mencionaban que aspiran a manter o espírito do principio: "ser unha libraría de fondo, con interese concreto na narrativa, o ensaio e a poesía", facendo fincapé no apoio a editoriales pequenas, ás independientes e alternativas, e ás hispanoamericanas (arxentinas, chilenas e mexicanas).




O local que vedes nas fotos, o da praza Pombo, é precioso. Noutrora foi unha garbancería pero a reforma que se levou a cabo respectou os piares e os elementos clave do edificio e conserva a súa estrutura orixinal case intacta.



É un lugar vibrante onde se percibe o esforzo por presentar os libros con gusto e con mimo. Cando nós a visitamos, no segundo andar tiñan unha colección de libros de mapas e xeografía literaria a cada cal máis bonito. Nas mesas centrais, libros variadísimos recomendados con etiquetas douradas.






O persoal da libraría aténdeche sen présas, independentemente do número de persoas que haxa facendo cola. Cada libreiro/a ten o seu ámbito de especialización e vese que gozan demorándose en guiarte polos diferentes recunchos do establecemento, falando das editoriais e de autores, sobre todo cando se trata dos locais. Gustaríame agradecer especialmente a María as súas recomendacións lectoras - encantáronme os poemarios de Ana García Negrete (de quen xa vos fun deixando poemas nesta bitácora) e Fernando Abascal (tedes algunha mostra dos seus textos aquí).




Ata hai pouquiño tiñan unha colección de fotografías Librerías del Mundo: instantáneas que lles ían mandando clientes e amigos/as cada vez que viaxaban a algures e se lembraban deles. Agora mesmo xa retiraron esta exposición (podedes ver os restos na fotografía de enriba), pero seguen publicando as fotos no seu perfil de Facebook




Para saber máis:

No comments:

Post a Comment