Tuesday, August 15, 2017

Hands in Poems: Isaac Xubín



 


O intre en que Karpo e Diké se atopan,
ñe cedo e chámome Problema,
aínda Pseudanor alí onde recende a guerra.
A gramática ama a inconsciencia,
os motivos inconscientes e arbitrarios
nas cabezas dos seus falantes e o  molete
devece pola hernia da liña recta,
que o abras coas dúas mans,
chantarlle os dedos con violencia,
sentir que se lle rompa a codia e a miga mol
no interior da túa boca,
agasallándote todo o que lle queda da constitución
metálica de aire, mocidade e agua:
a idea de beleza efémera.



1 comment:

  1. Boas tardes, o poema da Manuel Lueiro Rey , e de pensamentos moi profundos , este autor inspirase nos momentos espontaneos que ten, , cal recordar a suas obras, moitas grazas Diana por a sua mencion.

    ReplyDelete